....................................................................

....................................................................
..................................................................................

martes, 29 de diciembre de 2009

OS PIRATAS

Ao chegar o día 11, AO ABORDAXE ...PIRATAS



Empezaremos a desenvolver un novo proxecto, cheo de aventuras e fascinantes soños.

PROXECTO AS BRUXAS

Foron moitas as actividades desenvoltas co noso proxecto das bruxas, a meirande parte foron lúdicas.Tamén lle adicamos algún tempiño ao traballo individual. Aquí vos deixamos un exemplo.



No noso proxecto non podía faltar unha subida na nosa vasoira máxica. O sorprendente foi na asemblea final, todos comentaban que a nosa vasoira voaba. Mirade que ben o pasaron...


martes, 22 de diciembre de 2009

FESTIVAL NADAL

Aquí están os meus pequerrechiños disfrazados, para representar o anuncio das bonecas de famosa. Estaban moi, moi lindos, grazas ás mamis que traballaron con moito esmero. Moitísimas grazas.



Non podían faltar na nosa representación, a mula e o boi. Moitísimas grazas Helena ( mamá de Candela), polo teu traballo, quedou moi, moi bonito.



Agora, deixámosvos cun vídeo da nosa actuación.

video

VISÍTANOS PAPÁ NOEL


TRABALLOS 1º TRIMESTRE




Estes son os traballos que fixemos no primeiro trimestre: Proxecto das bruxas, ilustración poesía do " Pitiño branco", o outono e material impreso de atención e memoria, destrezas, esquema corporal, lóxica matemática e conceptos.

A NOSA POSTAL

Fixemos unha bonita postal para felicitar as festas ás familias. Unha vez feita levámola ao buzón.


viernes, 18 de diciembre de 2009

PREMIO INNOVACIÓN EDUCATIVA 2009

O traballo " Pequenos/as científicos/as na cociña"
realizado polas mestras Vanessa Arca Magariños ( CEIP Nosa Sra das Dores - Forcarei), Vanessa Quintian Agrafojo( CEIP A. Rguez Cadarso - Noia), Beatriz Vives Campos( CPI Camiño De Santiago - O Pino)e os seus alumnos/as , do curso pasado, recibíu un terceiro premio de innovación educativa. A publicación fíxose hoxe, no Diario Oficial de Galicia. Preme na imaxe do galardón, para acceder ao DOG. Noraboa aos meus expequerrechos: Luís, Elena, Samuel, Rubén V, Sarai, Yago, Yadira, Martín, Irene, Leti, Santi, Laura, Iria, Rubén F, Noa, Lucas, Eloy, Zuri e Yeray. Cando estea publicado o traballo no portal educativo, enlazarémolo co noso blog, para que todos/as podades acceder a él.








Este é o noso profesor Molécula, grazas a él, puidemos chegar á última fase do método científico, esta personaxe explicábanos todas as experiencias en términos de lei.


jueves, 10 de diciembre de 2009

ANXIÑOS

Aproveitando que está a chegar o Nadal, fixemos uns anxiños para decorar as nosas casas. Para elo empregamos, bolas de porexpan, botes de iogurt líquido, pelos sintéticos, blondas, cartolinas e escobillóns. Así foi como nos quedaron.

viernes, 4 de diciembre de 2009

A BRUXA CHICHA

Con culleres de madeira estamos a facer unhas bruxiñas moi simpáticas. Primeiramente pintamos as culleres con témpera verde, logo poñémoslles de ollos , boca e nariz, uns gomets; os brazos facémolos con escobillons de cor verde, os pelos están feitos con rafia, as mans son unha boliña de plasti e por último vestímola, con roupa feita con fieltro e xa para finalizar, dámoslle un retoque de colorete nas meixelas, con sombra de ollos de cor rosa. Unha vez feita a bruxa coa culler, buscámoslle nome, acordamos entre todos, de chamala " Chicha ".

PÓCIMA MÁXICA

Os pequerrechos xogaron a facer pócimas, para elo precisamos : un pote e algúns ingredientes ( graos café, confeti, lentellas, scobies e plumas. Primeiramente escollemos os ingredientes, logo tivemos que asocialos a cousas asquerosas, como as que empregan as bruxas para facer as pocións. Deste xeito, aos graos de café chamámoslles (cacas de coello), ao confeti ( escamas de serpe), ás lentellas ( cacas de arañas), aos scobies ( rabos de ratos) e ás plumas ( plumas de corvo). O seguinte paso foi pensar que tipo de feitizo iban facer, decidimos que as bruxas ( Yago e Óscar) iban convertir aos demais nenos en papá Noeis. Por último, puxémonos mans á obra, mesturamos os ingredientes no pote, remexemos, dixemos as palabras máxicas " abra cadabra pata de cabra, mollada en mel, convírtete neno en papá Noel", e así foi,...vedeo todo nas fotos.


O NOSO RECANTO DAS BRUXAS



Este é o noso recanto das bruxas, nel podemos atopar bruxas de xoguete, un pote de ferro, libros, algúns cds e dvs con películas e música.



jueves, 3 de diciembre de 2009

CALENDARIO CHOCOLATEADO



Co profe Roberto facemos todas as mañáns ao chegar ao cole, as nosas rutinas, unha delas é traballar o calendario. Desde o día 1 estamos a traballar o calendario dun xeito especial, Roberto sorprendeunos cun calendario que reparte agasallos, é un calendario de advento, o capitán ou capitana é o encargado/a de abrir a fiestra e coller unha chocolatina que hai dentro, logo por suposto hai que comela. Cada día ata chegar ás vacacións será un pequerrecho o encargado de degustar este delioso chocolatiño. Hoxe tocoulle a Candela.

miércoles, 2 de diciembre de 2009

PANXOLIÑA DA BRUXA

Adaptación ao galego " villancico de la bruja que quiso ver al niño".
( Carlos Murciano )



" Panxoliña da bruxa que quixo ver ao Neno"

Brúxula, a bruxa,
bruxuleteaba
polo sendeiriño
que a Belén levaba.
Pañoleta fina,
escobón pulido,
zocos charolados,
corpiño florido.
Atúsase o bigote,
zalamero, o gato.
-María, temos
bruxa para longo.
-Déixaa que pase,
Xosé, déixaa.
Soa unha caramela:
do-re-mi-sol-fa.
Brúxula, a bruxa,
non di palabra.
Ve ao neno e esquécese
do abracadabra.
Finca o xeonllo
sobre o chan frío.
Os seus beizos debuxan:
Meu deus, meu Deus.

martes, 1 de diciembre de 2009

CALENDARIO ADVENTO



A profe Cris fixo un bonito calendario de advento. Cada grupo ten que abrir a súa ventá. Hoxe comenzamos os de 3 anos, dentro atopamos unha notiña que nos contaba cousas da Befana. Moitas delas xa as sabiamos, pero algo curioso aprendemos: os nenos/as en Italia deixanlle unha mandarina e unha copiña de viño, para a Befana.


Eric como era hoxe o capitán, foi o encargado de romper o papeliño de seda para ver o que había dentro.

viernes, 27 de noviembre de 2009

CUMPREANOS NOVEMBRO

Hoxe celebramos os cumpres do mes de novembro. Os anfitrións foron Joel, Javi, Simón e Alejandra. Javi non nos puido acompañar, está enfermiño e non puido vir ao cole.
Moitas Felicidades aos catro.


miércoles, 25 de noviembre de 2009

A BEFANA

Como nos estamos achegando ao Nadal, é interesante que coñezamos á bruxa Befana, unha velliña moi boa e moi coñecida en Italia, e á que todos os nenos e nenas queren moito, xa que na noite do día 5 ao 6 de xaneiro, agasalla a todos con caramelos e chocolates. Viaxa montada na súa vasoira e leva un gran saco ás costas, entra polas chemineas e enche os calcetíns dos cativos/as con moitassss chuches.

A Befana chega de noite
cos seus zapatos vellos e rompidos
chega vestida á romana
longa vida á Befana!

A Befana chega na noite
vestindo un par de zapatos rompidos
e unha saia con remendos
Hurra, hurra pola Befana!

martes, 24 de noviembre de 2009

A NOSA BOLA DE CRISTAL

No noso recanto das bruxas non podía faltar unha bola de cristal, polo que nos puxemos mans á obra. Precisamos un bote de cristal, auga e purpurina. Nun principio pensabamos pegarlle un obxecto na tapa, neste caso era un can, para facela máis divertida. O caso é, que a figura non se nos suxeitaba, polo que ao final non a puxemos. No vídeo podedes ver como fixemos, a nosa bola máxica.

video

Unha vez que temos a nosa bola de cristal, colocámola na mesa redonda e poñemos o gorro de bruxa, para adiviñar o futuro.



O obxectivo principal é xogar e simular adiviñar o futuro dos compañeiros/as, con disparatadas. Podedes velo a continuación nos vídeos que vos mostramos.

video

video

lunes, 23 de noviembre de 2009

PELI HANSEL E GRETEL

Os nenos/as de 3, 4 e 5 anos viron esta mañán, a película de Hansel e Gretel que nos trouxo Alejandro, para o noso proxecto das bruxas.

viernes, 20 de noviembre de 2009

CONTO " 3 BRUJAS"


Hoxe limos o conto " 3 Brujas", logo pintamos a bruxa "Esco".

miércoles, 18 de noviembre de 2009

NA PROCURA DE BRUXAS

Esta actividade consiste en buscar similitudes ou diferenzas nas personaxes das pinturas de Joan Miró, coas bruxas.Para elo os cativos tiveron que ser grandes observadores e comentar todo o que nas láminas aparecía, para descifrar se había algunha bruxa ou non. Por exemplo na primeira lámina comentaban: "Hai un círculo rojo, un ollo, sólo un, non ten nariz, ten poucos dedos, ten dentes arriba...". Ao final concluiron dicindo, que non era unha bruxa porque "non ten sombreiro, nin nariz".
Pola contra, na lámina 4, comentaban: "esta si que parece una bruja, hai estrellas, estrellas brillantes, ten unha nariz, de jancho, o sombreiro caeulle...". Na lámina 18 dixeron claramente, que era a cara dunha bruxa, foi a que máis se lles pareceu. A continuación mostramos a lámina escollida.





Por un momento convertímonos en verdadeiros artistas, pintamos a nosa bruxa, repasando o contorno con pincel e pintando o fondo coa esponxa.

viernes, 30 de octubre de 2009

O NOSO SAMAÍN

Para celebrar o Samaín, os peques do cole fixemos unhas carautas de cabaciñas e unhas pantasmas.




Vimos a peli " Un halloween con Mickey".




Tamén queremos darlle a noraboa a Xoel, a súa cabaza resultou gañadora, no concurso organizado polo centro.

MOITOS PARABENS XOEL!!!

martes, 27 de octubre de 2009

AS BRUXAS


Aproveitando que estamos no samaín, decidimos investigar un pouco sobre as bruxas, personaxes moi presentes nos contos.Queremos saber: si existen, onde viven, como son, que comen, que animais de compañía teñen, etc.

As fontes de información van ser os contos, pelis, vídeos e cancións.

Os nosos coñecementos previos quedaron claramente reflexados na asamblea.
Como son as bruxas?: son malas, asustan, máis comen. teñen un gorro e unha escoba, teñen un vestido, teñen unha nariz moi grande, teñen unha cara moi fea, é moiii fea.
Son todas as bruxas malas?: Siii, feas e malas.
Para que levan a escoba?: Para barrer e darlle aos nenos.
Onde viven?: viven no monte, na súa casa, no bosque.
Que comen?: leóns

O profe Roberto leunos contos de bruxas.



Tamén fixemos os nosos primeiros debuxos de bruxas.



E... cantamos cancións e puxémonos un gorro de bruxa.