....................................................................

....................................................................
..................................................................................

lunes, 16 de marzo de 2009

DESCUBRIMOS OS PLANETAS

Así foi como desenvolvemos o noso proxecto sobre os planetas.
Primeiramente escribimos unha nota ás familias para que nos aportaran todo tipo de material para poder investigar. Con todo o material que nos enviaron, preparamos o noso recuncho dos planetas. Logo reunímonos na asamblea para analizar os coñecementos previos e tamén decidir o que queríamos saber:
Onde están os planetas?
Cantos hai?
Como son?
Como se chaman?
Como están situados en proximidade ao sol?
Como se moven?
De que están formados?
Que é un satélite natural?
Que é un satélite artificial?
Que é un astronauta?
Que é unha nave espacial?
Existen os extraterrestres?
Que é un telescopio?

A partir de aquí puxémonos mans á obra: Decoramos e ambientamos a aula e comenzamos a investigar.Todo o que aprendiamos, iamolo plasmando no papel, a través das fichas. Ao final recompilamos todas as actividades realizadas nun dossier.


No hay comentarios: