....................................................................

....................................................................
..................................................................................

lunes, 11 de mayo de 2009

MOCHILA VIAXEIRA

A mochila viaxeira xa rematou o seu percorrido, visitou durante 19 semanas as casas dos pequerrechos. A actividade foi valorada como moi positiva e algunhas familias pedían que se repetira a visita, teredes que agardar ao curso que ven..., outra mochila encherá as vosas casas con ilusión, fantasía e curiosidade. Aquí deixamos o material que enchía e levaba a mochila 5, da nosa aula de 5 anos.


Detallamos o contido da mochila: contos ( Frederick e Catarina o oso e Pedro), poesía ( poemas para pintar ), música ( Contos en cantos ), peli ( el planeta del tesoro ), libro para adultos ( ¿ ser padres o hacer de padres? ) e o caderno de navegación, onde as familias deixaron os seus comentarios e opinións.

Agradecemos as familias as súas opinións e comentarios no caderno de navegación, sérvenos para poder avaliar a actividade. Moitas grazas.

No hay comentarios: