....................................................................

....................................................................
..................................................................................

jueves, 25 de junio de 2009

CARTA DE DESPEDIDA

Hoxe chegou ao meu correo esta fermosa carta, escrita por Eva Varela, a mamá de Sarai.Estas palabras con tantísimo sentimento e tanta dozura, quéroas compartir con todos vós (familias dos pequerrechos), por iso decidín colgala no noso blog .Moitísimas grazas Eva, por adicarme estas letras , cheiñas de cariño, gardareinas sempre conmigo. Un bico moi gordo.




Arca,25 de xuño do 2.009



Ola Bea:

Hai veces na vida, que por máis que un desexe cambiar as cousas, non lle é posible, pois o día da despedida, non me foi posible poder ler, porque o estar todos xuntos rindo, recordando historias, chorando, fíxoseme un nó na gorxa…pero de todas formas, quero por o meu grao de area, mediante esta pequena carta, que creo que representa os sentimentos, que teñen as familias que durante estes cursos, pasaron por onda ti.

Quería estar aí, para abrazarte moi forte e dicirche:

Grazas Bea por facer destes nenos e nenas, unha piña que se respetan e queren, aínda que as veces, o xenio se lle aflore, coa túa axuda, sempre volven a súa calma e paz.

Grazas por ensinarlles os complexos da vida.

Grazas por todas as caricias e bicos que lle regalaches.

Grazas por escoitarlles todos os seus problemiñas que para eles son problemazas.

Grazas por participar nos seus medos, alegrías e penas.

Grazas por poñerlle respeto sen medos, máis si con moito cariño.

Habería centos e centos de cousas polas que che dar as grazas, pero non me chegaría o día,pero si che direi, que ti sempre serás, un dos mellores recordos na nenez dos nosos fillos.



A súa mestriña,

xa que as túas palabras fan como a auga cando calma o lume.

Os teus abrazos,

son o mellor abrigo cando un se sente só.

Os teus bicos,

son o mellor doce que calma o desacougo e o malestar máis profundo do corazón…

Espero que che guste este pequeno agasallo,que esta feito dende o corazón, dende o respeto, dende admiración e cariño que fuches facendo medrar o longo de todos estes cursos.

Unha enorme aperta.

2 comentarios:

Encarna dijo...

Grazas Eviña por expresar o que supoño que a maioría dos pais sentimos...Mellor que non a puideras ler ese día,que xa bastante choramos!!E a ti,Bea,que máis se che pode dicir...Que nos tocou a lotería téndote de mestra dos nosos pequerrechos/as.Un millón de grazas.

Bea dijo...

Moitas grazas polo teu comentario, Encarna. Feliz verán.