....................................................................

....................................................................
..................................................................................

martes, 24 de noviembre de 2009

A NOSA BOLA DE CRISTAL

No noso recanto das bruxas non podía faltar unha bola de cristal, polo que nos puxemos mans á obra. Precisamos un bote de cristal, auga e purpurina. Nun principio pensabamos pegarlle un obxecto na tapa, neste caso era un can, para facela máis divertida. O caso é, que a figura non se nos suxeitaba, polo que ao final non a puxemos. No vídeo podedes ver como fixemos, a nosa bola máxica.



Unha vez que temos a nosa bola de cristal, colocámola na mesa redonda e poñemos o gorro de bruxa, para adiviñar o futuro.



O obxectivo principal é xogar e simular adiviñar o futuro dos compañeiros/as, con disparatadas. Podedes velo a continuación nos vídeos que vos mostramos.



3 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola clase de Bea! Eu querìa preguntar: Cobrades moito por adiviñar o futuro?. Pareceme que sodes moi bos adiviñando, e moi serios. No meu coche teño unha bruxa, pero non lle teño nome, nin fala nada.Podedes axudarme a buscar un nome para ela?.
Adeus
P. D. Son a do cesto

Bea dijo...

Hola cesteira:
Por suposto que che axudamos a buscar un nome para a túa bruxa. Bautizamos a unha que temos na nosa clase, co nome de Lalila. Mañán na asemblea buscarémosche entre todos,un nome. Un bico moi gordo

Anónimo dijo...

Hola Bea! Grazas por vos poñer tan rápido a buscar o nome da bruxa. mira que sodes ben serios cos encargos.Non iredes a cobrarme moito?.
Bo fin de semana, un abrazo para todos.
Cesteira