....................................................................

....................................................................
..................................................................................

domingo, 29 de marzo de 2009

2º PREMIO INNOVACIÓN EDUCATIVA 08


O noso traballo " De San Andrés de Teixido a Fisterra pasando por Compostela" realizado conxuntamente cos nosos amiguiñ@s de Ferrol, resultou gañador nos premios de innovación educativa 2008.Fai click aquí para descargar o traballo. A descarga leva tempo pero merece a pena.

Mentres baixades todo o contido do noso traballo, animádevos coa canción do pelegrín.

sábado, 28 de marzo de 2009

VISITA DO PINTOR JORGE PETEIRO

UNHA VISITA QUE NUNCA ESQUECEREMOS...
O pintor coruñés Jorge Peteiro visita a nosa aula, para compartir e coñecer o proxecto " De San Andrés de Teixido a Fisterra pasando por Compostela", realizado conxuntamente co alumnado da profe Patri de Ferrol. Dámoslle as grazas desde aquí, xa que para nós foi unha visita moi desexada e que nunca borraremos. Tamén queremos agradecer ao concello do Pino a súa axuda e implicación, coa edición dos exemplares dos contos para os nen@s.
Mil grazas a todos.

miércoles, 25 de marzo de 2009

ADIVIÑAS PERSONAXES QUE ASUSTAN

Este traballo consistiu en adiviñar as personaxes de medo e debuxalas. É unha adaptación das adiviñas da autora Carmen Gil.

viernes, 20 de marzo de 2009

TARXETAS E AGASALLOS

Estes son os agasallos e as tarxetas de felicitación que fixemos para o Nadal, día do pai e día da nai.

jueves, 19 de marzo de 2009

DOSSIERES

Estes son os dossieres dos nosos traballos realizados ata o momento.Iremos colgando os que vaiamos facendo neste curso.

DEBUXOS CIENTÍFIC@S

Estes son os nosos debuxos científicos, realizados no curso de 5 anos.

DEBUXOS DO LEITE

Nestes debuxos feitos por Eloy, Lucas e Luís, podemos apreciar o percorrido que vai dando o leite ata o seu consumo.

ENTROIDO

Os nosos disfraces destes tres cursos: vacas e leiteiras (3 anos ), exipcios ( 4 anos) e damas e cabaleiros ( 5 anos ). Aproveitamos sempre a temática dos nosos proxectos para disfrazarnos. En 3 anos desenvolviamos un proxecto sobre "o leite", en 4 "o antigo Exipto" e en 5 anos "os castelos".


GRAZAS AS MAMÁS PUIDEMOS LUCIR ESTES PRECIOSOS TRAXES. MIL GRAZAS MAMIS, SODES FANTÁSTICAS!!!

miércoles, 18 de marzo de 2009

PROXECTO OS CASTELOS

Fai click nos laterais para pasar as páxinas.


Pincha aquí para ver as partes dun castelo.

Pincha aquí para xogar cun castelo interactivo.

Pincha aquí para visitar un castelo.


Eloy cun cabaleiro no parque de Legoland.


Yeray visitando un castelo na provincia de León.






A canción do pequeno Cid. Con ela lémbrome de cando era... eu pequerrecha.



Coa canción do castelo encantado desfilamos no entroido.


Vídeos sobre os castelos.






martes, 17 de marzo de 2009

PROXECTO COÑECEMOS GALICIA

Este proxecto realizámolo no primeiro trimestre do curso de 5 anos.Fai click nos laterais para avanzar ou retroceder.

NADAL

Os pequerrechos (3 anos) convírtense en Papá Noel.

A continuación, as nosas fotos dos festivais de Nadal. En tres anos fixemos un desfile de personaxes navideños ( trasnos, estrelas, anxos e campás), en catro anos fomos de pitufos e en cinco anos, disfrazámonos de vaqueir@s.

Cartas a Papá Noel.

Tamén fixemos anxiños con pasta, mirade que chulis nos quedaron!!.


E agora...esta fermosa canción de Suso Pareja.

lunes, 16 de marzo de 2009

DESCUBRIMOS OS PLANETAS

Así foi como desenvolvemos o noso proxecto sobre os planetas.
Primeiramente escribimos unha nota ás familias para que nos aportaran todo tipo de material para poder investigar. Con todo o material que nos enviaron, preparamos o noso recuncho dos planetas. Logo reunímonos na asamblea para analizar os coñecementos previos e tamén decidir o que queríamos saber:
Onde están os planetas?
Cantos hai?
Como son?
Como se chaman?
Como están situados en proximidade ao sol?
Como se moven?
De que están formados?
Que é un satélite natural?
Que é un satélite artificial?
Que é un astronauta?
Que é unha nave espacial?
Existen os extraterrestres?
Que é un telescopio?

A partir de aquí puxémonos mans á obra: Decoramos e ambientamos a aula e comenzamos a investigar.Todo o que aprendiamos, iamolo plasmando no papel, a través das fichas. Ao final recompilamos todas as actividades realizadas nun dossier.


sábado, 14 de marzo de 2009

O NOSO NACEMENTO - NADAL 2007

O noso nacemento de ovos no cal as mamás puxeron todo o seu esmero, resultou ser o primeiro premio do concurso de beléns organizado polo concello do Pino.

CARTEIS DO ENTROIDO



Levamos dous anos consecutivos gañando o concurso de carteis do entroido que organiza o concello do Pino.

viernes, 13 de marzo de 2009

SAMAÍN



Chega o samaín ao Pino. É tempo de bruxas, morcegos, cabazas e vampiros.





OS NOSOS DEBUXOS DE MEDO









Saimos na tvg. Pincha para poder ver a noticia.


Tamén podedes escoitar esta canción do samaín, a nos gústanos moito cantala.


Os nenos/as de E.I e E.P puidemos degustar uns postres monstruosos que fixeron as mamás. MMMM!!!! Estaba todo deliciosooo.