....................................................................

....................................................................
..................................................................................

jueves, 30 de abril de 2009

DÍA DA NAI



Hoxe foi un día moi especial e moi emotivo, os agasalliños das mamás xa estaban listos para levar. Agora teremos que esperar ao domingo, a ver... se nos resistimos!!!. Cun forte bico e un achuchón, dirémoslles, quérote un montón!!.

Glitter Words
Estes son os nosos regalos, unha flor e unha tarxeta. Desexamos que vos gusten.


CONTACONTOS KALANDRAKA

Visitamos a sala Sargadelos en Santiago para escoitar os contos musicados de Kalandraka. Foi todo un éxito, pasámolo moi ben e viñemos para o cole cun agasalliño, un marcapáxinas do señor pato e do señor coello, as personaxes do libro de Cerca.


video

RECITAMOS

Os pequerrechos recitan a poesía " Historia dunha semente".
video

lunes, 27 de abril de 2009

PLANTAS Y FLORES

Os pequerrechos están entusiasmados como Caillou, coas plantacións que estamos a facer na aula.



Aquí os temos, plantando bulbos de gladiolos e de begonias. Etiquetamos o maceteiro para identificar as flores.


Agora soamente nos queda esperar uns días...


Un pouco de música cos Fruittis .

miércoles, 22 de abril de 2009

DÍA DO LIBRO


Os libros fannos: medrar, soñar, voar, fortalecernos, divertirnos, emocionarnos...

Desde onte temos na entrada do centro, unha exposición sobre "Diversidade de libros". Durante esta semana e a que ven, colleremos libros desta exposición, para ler na nosa aula.







Hoxe pasámolo xenial vendo libros en distintos idiomas. Iste que vedes, está escrito en catalán, gustounos moitísimo!!



Tamén ollamos o conto de Hansel e Gretel en árabe. Aprendemos algo, que nos resultou moi curioso, os libros árabes lense ao revés, empézanse a ler polo final.






Ollamos un libro chinés, fíxonos moita ilusión velo.






GRAZAS PROFE AMELIA, POR TRAERNOS ESTES LIBROS TAN CHULIS, PARA EXPOÑER NO COLE.

martes, 21 de abril de 2009

MEDRAPELOS

Neste terceiro trimestre estamos desenvolvendo na nosa aula un proxecto sobre as plantas e as flores.Hoxe fixemos os nosos bonecos medrapelos, necesitamos unha media, sementes de céspede e serrín.Prestarémoslles coidados todos os días, para que os bonequiños poidan lucir o seu cabelo.










Aquí vos deixamos un modelo, teremos que esperar uns días para que o pelo pincho saia.

lunes, 20 de abril de 2009

LECTURA

Laura lenos o conto de " CERCA".Aquí tendes o vídeo coa lectura.

video

Yeray lenos o libro ¿Qué quiero ser?.

video

Luís lenos o libro " El dinosaurio"

video

sábado, 18 de abril de 2009

PEQUENOS CIENTÍFICOS

Este ano estámonos convertendo nuns verdadeiros expertos en ciencia. Investigamos e experimentamos coa química,transformando a nosa aula nun auténtico laboratorio.













E agora dámoslle paso as nosas investigacións no eido da bioloxía, estudando os comportamentos das plantas.


viernes, 17 de abril de 2009

POEMAS PARA PINTAR

Co gallo do día do libro, debuxamos e pintamos a poesía de Gloria Fuertes "Como se dibuja a un niño".

Para dibujar un niño
hay que hacerlo con cariño.
Pintarle mucho flequillo,
que esté comiendo un barquillo;
muchas pecas en la cara
que se note que es un pillo;
pillo rima con flequillo
y quiere decir travieso.
Continuemos el dibujo:
redonda cara de queso.

Como es un niño de moda,
bebe jarabe con soda.
Lleva pantalón vaquero
con un hermoso agujero;
camiseta americana
y una gorrita de pana.
Las botas de futbolista
porque chutando es artista.
Se ríe continuamente,
porque es muy inteligente.
Debajo del brazo un cuento
por eso está tan contento.

Para dibujar un niño
hay que hacerlo con cariño.


miércoles, 15 de abril de 2009

PROXECTO MIRÓ

Esta é unha pequena presentación das representacións que fixemos dos cadros de Miró. Este proxecto levámolo a cabo no curso de 3 anos.



E agora...OS PEQUENOS MIRÓS




lunes, 13 de abril de 2009

EU NON FUN






Hoxe no noso momento adicado a Lectura, Eloy escolleu o libro ¡ Eu non fun!, despois de lelo, quiso facer o debuxo do " rancho porcalleiro". Aquí volo mostramos para que se vexa... o bonito que lle quedou.


domingo, 5 de abril de 2009

FELIZ PASCUA

Bea deséxalles aos seus pequerrechos e a tod@s os que nos visitan... unhas felices vacacións, nestes días de Pascua.

ImageChef.com - Custom comment codes for MySpace, Hi5, Friendster and more
Á volta estudaremos as plantas e seguiremos experimentando coa ciencia.

viernes, 3 de abril de 2009

LIBROS MEDRANDO SANS




Xa chegaron ao cole os libros de medrando sans nos que están publicadas experiencias da nosa aula, " Leite para todos e todas" e " Emocionámonos na escola".

RECICLAMOS CASTAÑAS

Polo magosto reciclamos castañas para facer bonecos e animaliños. Tamén fixemos as nosas cestiñas, con cartóns do leite e pegámoslles papeluchos e castañas.

jueves, 2 de abril de 2009

RECICLAMOS ENVASES DE LÁCTEOS




Co proxecto do leite fixemos un obradoiro de reciclaxe de envases de lácteos.