....................................................................

....................................................................
..................................................................................

domingo, 31 de mayo de 2009

OS NOSOS BONECOS

Xa levamos para a casa os nosos bonecos medrapelos. A verdade, é que nos quedaron moi simpáticos.

TÍTERES



O venres na casa da cultura pasámolo moi ben, vendo unha función de títeres.Era unha representación sobre Mozart. Estivo moi animada e participamos tocando as palmas ao ritmo da música.

lunes, 25 de mayo de 2009

EXPERIMENTAMOS COAS CENORIAS


A vida moitas veces queda latente. Imos observar como dunha cenoria que aparentemente, din os nen@s que está morta, medra unha planta. Cortamos as cenorias e colocámolas nun recipiente con auga. Esperaremos uns días e logo mostrarémolo, para que o vexades.

Máis plantacións

Sarai traenos un agasallo, ao cole, é un pequeno invernadoiro con seis maceteiriños. Plantamos pipas de xirasois, fabas, ... Teremos que esperar uns días a ver se nos nacen.

jueves, 21 de mayo de 2009

MAXIA POTAXIA

Hoxe Luís viña todo emocionado co seu xogo de maxia. Non nos puidemos resistir e... él con moito agrado, fíxonos unha pequena demostración. Este é o vídeo .
video

sábado, 16 de mayo de 2009

LETRAS GALEGAS 2009


Adicadas este ano ao escritor Ramón Piñeiro.



Partindo da caricatura de Ramón Piñeiro, fixemos unha, cada un de nós. Somos uns auténticos debuxantes. Mirade que bonitas nós quedaron.

OS NOSOS MEDRAPELOS

Aquí tendes os nosos medrapelos, mirade que pelos pincho teñen!!!. Prestámoslles coidados todos os días. Dentro de moi pouquiño levarémolos para a casa e... seguiremos coidando deles. Cando teñan o pelo moi longo, poderemos incluso, cortarllo coas tixeiras.

miércoles, 13 de mayo de 2009

SAíDA A MARCELLE


Hoxe fomos de excursión ao parque natural de Marcelle, foi unha saída fantástica, recomendámoslla a todos. O parque é precioso, está posto con todo detalle e a organización é extraordinaria. Moitos parabéns aos monitores/as polo trato tan especial e excelente que tiveron en todo momento co noso alumnado. Estamos seguros que en sucesivos cursos, volveremos de visita.
Puidemos ver un montón de animais: canguros, bisontes, cebras, dromedarios, monos, avestruces, cervos....e moitísimos máis. Aquí vos deixamos algunhas fotos da nosa visita.









lunes, 11 de mayo de 2009

MOCHILA VIAXEIRA

A mochila viaxeira xa rematou o seu percorrido, visitou durante 19 semanas as casas dos pequerrechos. A actividade foi valorada como moi positiva e algunhas familias pedían que se repetira a visita, teredes que agardar ao curso que ven..., outra mochila encherá as vosas casas con ilusión, fantasía e curiosidade. Aquí deixamos o material que enchía e levaba a mochila 5, da nosa aula de 5 anos.


Detallamos o contido da mochila: contos ( Frederick e Catarina o oso e Pedro), poesía ( poemas para pintar ), música ( Contos en cantos ), peli ( el planeta del tesoro ), libro para adultos ( ¿ ser padres o hacer de padres? ) e o caderno de navegación, onde as familias deixaron os seus comentarios e opinións.

Agradecemos as familias as súas opinións e comentarios no caderno de navegación, sérvenos para poder avaliar a actividade. Moitas grazas.

miércoles, 6 de mayo de 2009

A FOTOSÍNTESE

Estes vídeos axúdannos a comprender un pouquiño mellor o fenómeno da fotosíntese.


PARTES DAS PLANTAS

Este vídeo móstranos as partes dunha planta e as súas funcións.

SEMENTAMOS

Hoxe na nosa aula sementamos flores, cenorias e tomates. Estámolo pasando xenial!! con este proxecto.




Xa nos medraron moito as fabas, as lentellas, o millo e os rabaniños. Mirade que horta tan chula temos.


Deixámosvos este video da semente, vaivos gustar moito!!!.

martes, 5 de mayo de 2009

DEBUXAMOS POESÍA

" Como se dibuja una señora" poesía da escritora Gloria Fuertes.

La cara, de Doña Sara.
Se dibuja un redondel,
con lapicero o pincel;
mucho pelo, mucho moño,
ojos, cejas, y un retoño;
nariz chata
de alpargata,
las orejas,
como almejas,
los pendientes,
relucientes,
las pestañas,
como arañas,
boca pitiminí,
es así,
la cara de Doña Sara.

El cuerpo otro redondel,
tan grande como un tonel,
y en él se dibuja ahora,
la falda, blusa, delantal,
pierna flaca, otra normal,
los zapatos de tacón,
con hebilla y con pompón.

¡ Qué señora tan señora,
Doña Sara, servidora!

Así é como debuxaron os pequerrechos esta poesía.