....................................................................

....................................................................
..................................................................................

martes, 22 de septiembre de 2009

RECOMENDACIÓNS SOBRE A GRIPE A

Cinco elementos clave para a prevención da gripe A.



Os Lunnis tamén nos dan algún conselliño.

lunes, 21 de septiembre de 2009

PERICO O CANGREXO

O mércores 23 ás 12 da mañán, asistiremos á casa da cultura do noso concello, para ver a representación do libro " Perico o cangrexo". Alí estaremos tod@s!!.

jueves, 10 de septiembre de 2009

7º ENCONTROS DE EDUCACIÓN INFANTIL



Os días 25 e 26 de setembro vanse celebrar no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela os 7º" ENCONTROS DE EDUCACIÓN INFANTIL", dirixidos para as mestras e mestres de educación infantil. Xuntarémonos moitas amigas/os e estou segura, que imos desfrutar e aprender un montón.


Preme para acceder á información.

miércoles, 9 de septiembre de 2009

AO COLE VAMOS XA

Mañán comenza o cole e 15 novos pequerrechiños, viredes por vez primeira ao noso centro. Sei que vai ser un día de moitos nervios e quizais con choros para algúns de vós. Desde aquí, quero que vexades os ánimos que vos dan os Lunnis, para vir ao cole.
Aproveito a ocasión para darvos a benvida: Javi, Alejandro, Xoel, Diego, Eric, Jacobo, Candela, Lydia, Simón, Yago, Alejandra, Óscar, Joel, Iria e Daniel. Desexo que gocedes un montón e nesta andaina que comenzamos xuntos, sexades moiiii felices. Moitos biquiños.

martes, 8 de septiembre de 2009

LIBROS CURSO 09-10

Os pequerrechos de 3 anos van usar este ano como material impreso, estas tres carpetas que a continuación detallamos.

  • "Atención e memoria". Ed. Sm.
  • " Destrezas e esquema corporal". Ed. Sm.

  • " Lóxica e conceptos". Ed. Sm.


jueves, 3 de septiembre de 2009

PERIODO DE ADAPTACIÓN


É moi importante darlle unha boa acollida aos nenos/as que se incorporan por vez primeira ao centro. É fundamental planificar e levar a cabo un periodo de adaptación, xa que é un momento de moito cambio para os pequerrechos. Aquí vos deixamos, esta historia do pitiño branco,coas súas inquedanzas, moi similares ás do noso alumnado, os primeiros días de escolarización.

O pitiño branco
de crista vermella
comeza hoxe a escola
do medio da eira.

Intúe que a escola
é algo importante,
porque no poleiro
só fan preguntarlle:

-E ti?...vas á escola?
-Cando á escola irás?
-Se non vas á escola...
non aprenderás.

Onte pola noite
non pechaba ollo,
estaba nervioso
con todo ese embrollo.

O pitiño branco
non dorme, non soña,
faise mil preguntas
sobre iso da escola:

Haberá unha mestra?,
ou un educador?,
será un sitio frío?,
fará nel calor?

Que fago cando entre?,
terei que sentar?
Se non teño sitio...
poderei marchar?

Alí hai moita xente...
coñecerei a alguén?
Con quen xogo se...
non coñezo a ninguén?

E se quero caca
ou facer pipí...
a quen llo debo eu
comentar ou dicir?

Se vou ao retrete
saberei regresar?
Quen a cremalleira
me axudará a pechar?

E se cando acabe
non me veñen buscar...
que fago? marchar?
ou pórme a chorar?

Estas e outras dúbidas
fanlle presentir
que iso da escola
non é para si.

Cando dorme, soña
coa avoa galiña.
Que emocionada
está a pobriña!:

-Como pasa o tempo!
Onte inda era ovo,
e hoxe o meu neto
é un alumno novo!

Espertou outra vez,
ás tres da mañá
e lembrou as cousas
que lle mercou papá:

Un lapis, uns folios,
unhas cores, un traxe...,
Moitas máis cousas
que se vou de viaxe!
..................................
O galo ergueuse
e chamou ao pitiño,
a pola mandou
bulir un pouquiño:

- Hai que bulir un pouco,
xa pasa da hora
correde ou non chegamos
cediño á escola.

Será que a escola
- pensa o pitiño
se
vai desprazando
cada minutiño?

Ai que nervios teño!
Xa estamos chegando
con pitas e pitos
eu voume atopando.

O pai, o galo
está preocupado...:
que fará o pito
cando estea esgotado?

Se a escola é -cavilao
mellor que hai...
por que lle treme todo
á miña bela nai?
...............................
Que é iso que soa?
Que é ese timbre?..
Non entro, non quero,
as miñas ás resístense.

Mamá dáme bicos,
papá dáme máis,
Nin que me fose
alén de Xangai!

Se me dan máis bicos,
voume suxeitar,
forte, moi forte,
non me hei soltar.
...........................
Chegou o momento,
xa teño que entrar,
saúdanme na porta...
isto vaime gustar.

Papá e mamá
quedaron un pouquiño
por se tiña medo
de ficar soíño.
............................
...Aos poucos días
vai seguro á escola,
está pouco tempo,
máis todo controla.
.................................
E é que esta escola,
a escola da eira,
ten un plan de entrada
que é de primeira.


Azucena Arias Correa

miércoles, 2 de septiembre de 2009

REUNIÓN COMENZO DE CURSO


O vindeiro mércores día 9 as 10 horas está prevista unha reunión coas familias dos novos alumnos/as de 3 anos. Abordaremos fundamentalmente o tema da organización e funcionamento do curso, así como normas de convivencia básicas e a importancia da colaboración entre a familia e a escola.Este encontro é moi importante, xa que crearemos unha canle de comunicación e participación entre as familias e a titora, por iso contamos coa vosa asistencia.