....................................................................

....................................................................
..................................................................................

viernes, 30 de octubre de 2009

O NOSO SAMAÍN

Para celebrar o Samaín, os peques do cole fixemos unhas carautas de cabaciñas e unhas pantasmas.




Vimos a peli " Un halloween con Mickey".




Tamén queremos darlle a noraboa a Xoel, a súa cabaza resultou gañadora, no concurso organizado polo centro.

MOITOS PARABENS XOEL!!!

martes, 27 de octubre de 2009

AS BRUXAS


Aproveitando que estamos no samaín, decidimos investigar un pouco sobre as bruxas, personaxes moi presentes nos contos.Queremos saber: si existen, onde viven, como son, que comen, que animais de compañía teñen, etc.

As fontes de información van ser os contos, pelis, vídeos e cancións.

Os nosos coñecementos previos quedaron claramente reflexados na asamblea.
Como son as bruxas?: son malas, asustan, máis comen. teñen un gorro e unha escoba, teñen un vestido, teñen unha nariz moi grande, teñen unha cara moi fea, é moiii fea.
Son todas as bruxas malas?: Siii, feas e malas.
Para que levan a escoba?: Para barrer e darlle aos nenos.
Onde viven?: viven no monte, na súa casa, no bosque.
Que comen?: leóns

O profe Roberto leunos contos de bruxas.



Tamén fixemos os nosos primeiros debuxos de bruxas.



E... cantamos cancións e puxémonos un gorro de bruxa.



lunes, 26 de octubre de 2009

SAMAÍN

Nesta semana o tema por excelencia nas nosas aulas, é o samaín.Moitas das actividades a realizar xiran ao redor desta temática.

Glitter Photos




Hoxe a profe Sara trouxo tres bruxiñas moi divertidas. Pasámolo moi ben batendo as palmas, para que a bruxa rira e alumeara os ollos de vermello.



domingo, 25 de octubre de 2009

DÍA DA BIBLIOTECA

O venres pasámolo moi ben na casa cultura, vendo unha representación de títeres, onde os protagonistas eran os bolechas.





Bea participou nesta fin de semana, nas xornadas de bibliotecas escolares de Galicia, para formarse e aprender, sobre novas lecturas e novos lectores.

jueves, 22 de octubre de 2009

CONTO MUSICAL " OUTONO DE VIVALDI"

Nestes días estamos escoitando, o conto musical do outono de Vivaldi. Preme na imaxe para acceder a él.

miércoles, 21 de octubre de 2009

OUTONO DE ARCIMBOLDO


Hoxe fixemos unha actividade moi divertida. A partir do cadro "Otoño" de Arcimboldo, compusemos o noso. Para elo, tivemos que colorear as froitas e a nosa cara, logo pegamos as froitas na cabeza.



OUTONO DE CANDELA

martes, 20 de octubre de 2009

MERENDOLA DE OUTONO



Hoxe convertémonos en pequen@s cociñeir@s. A nosa aula transformámola por un momentiño, nunha cociña, fixemos brochetas con froitos carnosos do outono: uvas, mazás, peras, mandarinas e kiwis. Estaba todo delicioso!!!.


















Estes foron algúns dos nosos momentos.











viernes, 16 de octubre de 2009

CUMPLEANOS OUTUBRO

Hoxe celebramos o cumple de Yago e de Iria. Sopramos 3 veliñas e comemos unha rica tarta de chocolate e nata.



MOITÍSIMAS FELICIDADES.

miércoles, 14 de octubre de 2009

DEBUXOS CON FOLLAS SECAS

Estámolo a pasar moi ben, facendo composicións con follas secas e algúns froitos do outono. Aquí vos deixamos os traballos, iremos colgando máis, a medida que os vaiamos acabando.

sábado, 10 de octubre de 2009

ÁRBORE DE OUTONO

Coa silueta do noso brazo e man, fixemos unha bonita árbore de outono.

1º marcamos o brazo e a man.










2º Picamos co punzón, a figura marcada na cartolina.


3º Fixemos boliñas de papel para simular as follas.













4º Así foi como quedou a nosa árbore.

jueves, 8 de octubre de 2009

OS BOLECHAS


Co motivo do día da biblioteca, o venres día 23 asistiremos á casa da cultura, para ver unha función dos bolechas. Estamos seguros/as de que nos vai gustar moito.