....................................................................

....................................................................
..................................................................................

lunes, 15 de marzo de 2010

P DE PAPÁ





No curso pasado puidemos disfrutar o alumnado de infantil, dunha ampla sesión de contacontos de Kalandraka na sala sargadelos de Santiago, promovida polo concello compostelán. Un dos libros presentados foi " P de papá". Un pai é quen de transformarse nas cousas máis increibles: tractor, colchón, espertador, grúa,...Un libro que se achega á complicidade entre pai e fillo, e que invita a ambos a descubrirse xuntos e a estreitar lazos da súa relación familiar ao paso de cada páxina. Nestes días co motivo da celebración do día do pai, estamos a traballar con este fermoso conto. Hoxe propuxémoslles ás familias que nos axudaran a facer o noso propio conto de " P de Papá", ilustrarémolo empregando as imaxes dos cativos/as cos seus papis, mantendo o texto do conto de Kalandraka.