....................................................................

....................................................................
..................................................................................

viernes, 7 de mayo de 2010

AS NOSAS 100 LINGUAXES

video

O neno está feito de cen.
O neno ten cen linguas
cen mans
cen pensamentos
cen maneiras de pensar
de xogar e de falar
cen sempre cen
maneiras de escoitar
de sorprenderse, de amar
cen alegrías
para cantar e entender
cen mundos
que descubrir
cen mundos
que inventar
cen mundos
que soñar.
O neno ten cen linguas
pero róubanlle noventa e nove.
A escola e a cultura
sepáranlle a cabeza do corpo.
Dinlle:de pensar sen mans
de actuar sen cabeza
de escoitar e non falar
de entender sen alegría
de amar e sorprenderse
só en Pascua e en Nadal.
Dinlle:
que descubra o mundo que xa existe
e de cen róubanlle noventa e nove.
Dinlle:que o xogo e o traballo
a realidade e a fantasía
a ciencia e a imaxinación
o ceo e a terra
a razón e o soño
son cousas que non van xuntas
E dinlle
que o cen non existe
O neno di:"en cambio o cen existe".
( Loris Malaguzzi )