....................................................................

....................................................................
..................................................................................

domingo, 31 de enero de 2010

PELÍCULA "PIRATAS CON ALMA DE HÉROES"

Esta semana na nosa sesión de vídeo, vimos a película " Piratas con alma de héroes", que nos trouxo Jacobo. Unha peli moi divertida, na que os protagonistas son vexetais.

viernes, 29 de enero de 2010

SOLIDARIZÁMONOS CON HAITI

Na entrada do cole púxose unha hucha para recolectar cartos, para axudar aos nenos/as que sufriron o terremoto.




A NOSA POMBIÑA DA PAZ



Non podía faltar neste día, algunha actividade realizada coa pombiña. Foi co profe Roberto con quen fixemos estas preciosas estampacións, a nosa pegada convírtese nunha pomba.


martes, 26 de enero de 2010

A NOSA MENXASE DE PAZ

Esta é a menxase de paz dos pequerrechos:

"QUEREMOS UN MUNDO DE CARAMELO, PARA QUE TODO SAIBA MELLOR. FAGAMOS ENTRE TODOS/AS, UN MUNDO DOCE"

viernes, 22 de enero de 2010

DEBUXOS PIRATAS


CUMPLES DE XANEIRO

Hoxe celebramos o cumple de Candela e Diego, sopraron nunha exquisita tarta de chocolate, nata e fresa, catro veliñas.



MOITOS PARABENS.

Ata agora a tarxeta de felicitación que facían os compañeiros/as para os anfitrións, era máis pequena, xa que soamente deixábamos a nosa pegada.Agora xa somos máis maiores e estamos empezando a escribir, por iso a tarxeta que levaron, Candela e Diego é máis grande, necesitamos máis espazo para poder poñer os nosos nomes. Aquí deixamos un exemplo.

jueves, 21 de enero de 2010

ABECEDARIO PIRATA

LETRAS PIRATASSSS Á VISTAAAA!!!!



O noso vixía Jacobo, divisa ao lonxe un abecedario pirata.



Detaiámolo (tendo en conta o noso alfabeto galego, que consta de menos letras que o castelán): áncora , bandeira , catalexos, dado
( xogaban aos dados), espada, fusil, garfo, habano ( gustáballes fumar puros), illa, loro, mapa, navío, ñam, ñam ( chamamos así a un crocodilo que comeu a man a un piratiña), ouro, parche, quinqué, ron, sombreiro, tesouro, uvas ( nunca as comían e enfermaban do escorbuto), vela, xoia e zapato.

Neste segundo trimestre estamos a traballar coa identificación e representación gráfica das letras, será o noso abecedario pirata, unha das ferramenta que empreguemos para tal fin.

O NOSO RECANTO PIRATA

O noso recanto está ao completo, ten desde libros, películas, barcos, bandeira, cofre, catalexos, parche, garfo, sombreiro, pañoleta, espada e un aro para poñer na orella.Este material témolo grazas ás familias que se implican un montón nas nosas tarefas escolares. Moitísimas grazas.





miércoles, 20 de enero de 2010

MURAL PIRATA


Aquí tendes o noso mural pirata. Os meus piratiñas atoparon o tesouro na illa, mirade que contentos se puxeron.



lunes, 18 de enero de 2010

OS NOSOS PIRATOGRAMAS

Esta é outra das actividades que levaremos a cabo co noso proxecto: Xogar con caligramas. As imaxes serán todas relacionadas coa nosa temática, por iso decidín chamarlle piratogramas. Hoxe Óscar fixo de capitán, tiña que atopar na chave, o seu nome, para poder abrir o tesouro.







Neste outro piratograma, o capitán, tamén tivo que atopar o seu nome, para poder coller a espada pirata.














Con este piratograma trataremos de identificar as letras, que a profe vaia dicindo.

viernes, 15 de enero de 2010

PELÍCULA PETER PAN

Hoxe na nosa sesión de vídeo semanal, vimos a peli de Peter Pan que nos trouxo Xoel.

miércoles, 13 de enero de 2010

CONVERTÍMONOS EN PIRATAS

Hoxe xogamos a convertirnos en piratas. Precisamos un anaco de papel de raias, un parche e un bigote. Mirade que guapos estamos.




sábado, 9 de enero de 2010

VÍDEOS MUSICAIS " OS PIRATAS "


A partir do luns... PIRATAS Á VISTA!!!.
Para que nos vaiamos animando coa temática, nada mellor que estes vídeos musicais, sacados de youtube.





miércoles, 6 de enero de 2010

XA QUEDA POUCO

Con xoguetes e roscóns
estanse acabando as vacacións.


Xogade e gozade moito cos vosos xoguetes, nestes días. Voltamos de novo ao cole, o luns 11. O día 8 foi escollido pola consellería de educación, como o día do ensino, por iso temos un día máis.

domingo, 3 de enero de 2010

FELIZ DÍA DE REIS PARA OS PEQUERRECHOS


Xa falta moi pouquiño para que cheguen os Reis Magos ( Melchor, Gaspar e Baltasar)cos seus camelos. Será o martes pola noite, despois de tanto percorrido están cansos, un pouco famentos e sedentos, por iso teredes que deixarlle unhas lambonadas, algúns doces, uns vasiños de laranxada e... para os camelos, uns puñadiños de millo. Desexo que disfrutedes un montón con todos os vosos agasallos, axiña nos vemos.Unha apertota.