....................................................................

....................................................................
..................................................................................

viernes, 26 de febrero de 2010

PIRATA DE CARTÓN

Así é como nos queda o noso piratiña de cartón, feito con oveiras e cartolina.

jueves, 25 de febrero de 2010

OBRADOIRO CON OVEIRAS

Dentro do noso proxecto dos piratas, estamos a participar nun obradoiro con oveiras. Confeccionaremos un pirata que en poucos días vos mostraremos. Aquí vos deixamos un adianto, cando teñamos todas as pezas pintadas e secas, montaremos o noso piratiña de cartón.





sábado, 13 de febrero de 2010

viernes, 12 de febrero de 2010

O NOSO ENTROIDO PIRATA

Hoxe festexamos o entroido no noso centro, aproveitando o noso proxecto, disfrazámonos de piratas ( alumnado, mamis, profe Roberto e profe Bea). Quero agradecer enormemente, o traballo e esforzo realizado polas mamis, estaba todo preciosísimo e con moitísimo gusto. Os traxes foron confeccionados un por un, e con todo luxo de detaies, o barco despois de tantos días de traballo, o resultado foi excelente, e non podía faltar o cofre co tesouro, moi orixinal e moi bonito.
MIL GRAZAS POR TODO, SUPERMAMIS.
Agora o meu desexo é que o domingo, gocedes todos xuntos na cabalgata, e a ver se hai sorte!!!, e vos levades algún premio. Deixámosvos algunhas das nosas fotos.
















FELIZ ENTROIDO

jueves, 11 de febrero de 2010

FESTA DO ENTROIDO

Mañán festexamos no cole o entroido, ás 10:30 sairemos a rúa e desfilaremos por Arca. Voltaremos ao cole, onde por niveis e ciclos bailaremos ao ritmo da música. Logo, espéranos un chocolate, acompañado con postres caseiros do entroido, feitos polas familias.

miércoles, 10 de febrero de 2010

O PELEGRÍN MANDA PARA O XOVES

A NOSA CARAUTA PIRATA

Hoxe fixemos a nosa carauta de pirata.

ESPADAS PIRATAS

As nosas espadas piratas, xa están rematadas.

martes, 9 de febrero de 2010

O MÉRCORES LEVAREMOS...

Mañán mércores toca levar...

lunes, 8 de febrero de 2010

PREMIO CARTEL ENTROIDO

O noso "Pelegrín pirata" resultou gañador, no concurso de carteis do entroido, organizado polo concello do Pino. Noraboa pequerrechos.
Aquí vos deixamos unha foto do cartel, tamén aparece o traballo premiado da alumna de 1º de ESO, Cristina Cancelo Martínez.Noraboa tamén para Cristina.

O PELEGRÍN MANDA

O pelegrín manda traer mañán...

sábado, 6 de febrero de 2010

O ENTROIDO EMPEZA

Xa empeza o entroido, para a semana teremos que vir moi, moi adornados. Na nota que enviamos onte, vai detaiado o que temos que traer cada un dos días. O luns é algún obxecto na cabeza.

PELÍCULA " LA ISLA DEL TESORO"

Onte vimos a película " La isla del tesoro", que nos trouxo Yago.

jueves, 4 de febrero de 2010

AS NOSAS ESPADAS

Hoxe estivemos de pintores, tocounos pintar as espadas, que imos levar no desfile do entroido. Tivemos que deixalas secar e mañán, continuaremos con esta actividade. Cando as teñamos listas , xa volas mostraremos.


CARTEIS ENTROIDO 2010

Como todos os anos, o concello do Pino organiza polo entroido, un concurso de carteis. Os pequerrechos participamos con dous traballos: o pelegrín disfrazado de pirata, e o outro é, un anteface feito coas mans dun de nós. Aquí volo deixamos.


lunes, 1 de febrero de 2010

CATALEXOS

Para facer os nosos catalexos empregamos: tubos de cartón, papel celofán de cores, témpera de cor negra e papel dourado adhesivo.





CONTOS CON ARTE " A LEITEIRA"

No segundo e terceiro trimestre traballaremos conxuntamente, co alumnado de todo o centro, sobre a vida e a obra do pintor, Luís Seoane. Este escritor e pintor estivo moi ligado ao Pino, xa que foron moitos os veráns que aquí pasou, na súa nenez.Este ano celébrase o centenario do seu nacemento, por iso lle imos adicar un tempiño. Para iniciarnos, pareceume interesante montar un conto, con algunhas das súas obras, aquí vos deixo un vídeo.

video