....................................................................

....................................................................
..................................................................................

miércoles, 28 de abril de 2010

DEBUXANDO A ABELO

Así de sinxelo podemos debuxar a nosa letra "A" caracterizada dun astuto gatiño. Esta fermosa personaxe é o noso gatiño Abelo, personaxe do noso conto " Os animais letrados".



Trazamos a letra A.

miércoles, 21 de abril de 2010

A COLMEA

Simón trouxonos para o noso recanto das abellas, unha colmea feita con cortiza. Veunos xenial, porque hoxe tiñamos planificado, averiguar como eran as casas das abellas, a pesares de que no museo do mel xa as vimos, nada mellor que tela para nós, e poder inspeccionala de arriba a abaixo. Moitas grazas Montse e Nacho pola vosa aportación.

BAILE DOS ANIMAIS LETRADOS

Os nosos animais letrados "o ratiño Irio" e "o gato Abelo", protagonizan un baile coa audición do "Carnaval de los animales",baixo a axuda de Iria ,Alejandro e Alejandra. Estámolo pasando moi ben, aprendendo as letras con diferentes tipos de abecedarios, todos eles creados por nós mesmos. Istes vídeos mostran a dúas personaxes do noso abecedario creativo, representando á letra "i" e á letra "a".



sábado, 17 de abril de 2010

MURAL DAS ABELLAS

Este é o mural que fixemos para decorar o noso recuncho do proxecto das abellas.

CUMPLE DE JACOBO

O venres celebramos o cumple de Jacobo, convidounos a unha rica tarta de chocolate, nata e fresas, Mmmmm!!!, estaba deliciosaaa!!!.



Moitas felicidades Jacobo.

miércoles, 14 de abril de 2010

ZUMBIDO ABELLAS




Este é o son que producen as abellas.

sábado, 10 de abril de 2010

sábado, 3 de abril de 2010

AS ABELLAS

Neste terceiro trimestre imos investigar un pouquiño, sobre a vida das abellas. A partir do martes día 6, adentrarémonos no curioso mundo, destes insectos.