....................................................................

....................................................................
..................................................................................

lunes, 31 de mayo de 2010

DEBUXAMOS ABELLAS



Nestes días colgaremos máis debuxos, algúns nenos/as estanos rematando.

jueves, 27 de mayo de 2010

LUÍS SEOANE

Este ano celebramos o centenario do nacemento de Luís Seoane. Son varias as actividades que se están a desenvolver no noso centro, hoxe concretamente, unha alumna de 2º de E.P, explicounos a través dun mural, a vida e obra do artista.

TIPOS DE ABELLAS

Hoxe representamos os diferentes tipos de abellas: Lydia fixo de raiña, Eric de zángano e Candela de obreira.






martes, 25 de mayo de 2010

ABECEDARIO CALDER

Seguimos traballando na creación de palabras a través dos diferentes abecedarios. Hoxe construimos un móvil modelando os símbolos do abecedario de Calder, o exemplo que agora presentamos, foi o que fixeron tres nenos, a palabra escollida foi o nome da profe.







domingo, 16 de mayo de 2010

ABECEDARIO ARTÍSTICO

Un artista excelente para traballar cos nenos/as é Alexander Calder, as súas obras máis famosas encádranse dentro da escultura, especialmente os seus móviles. Inspirado en Calder é este abecedario artístico , a través do cal estamos compoñendo os nosos nomes e os nosos propios móviles.







CUMPLE DE ALEJANDRO

Hoxe celebramos o cumple de Alejandro, convidounos a unha exquisita tarta de chocolate con nata. Estaba deliciosa.



Moitas felicidades.

martes, 11 de mayo de 2010

ADIVIÑAMOS PALABRAS

No teatriño xogamos a adiviñar palabras, Candela e Dani compoñían, neste caso, unha palabra de catro letras, e Bea preguntaba : Á bruxa Analfabeta gústalle moito beber?, os nenos/as tiñan que adiviñar a palabra composta a través dos nosos títeres, dos animais letrados.

viernes, 7 de mayo de 2010

AS NOSAS 100 LINGUAXES

video

O neno está feito de cen.
O neno ten cen linguas
cen mans
cen pensamentos
cen maneiras de pensar
de xogar e de falar
cen sempre cen
maneiras de escoitar
de sorprenderse, de amar
cen alegrías
para cantar e entender
cen mundos
que descubrir
cen mundos
que inventar
cen mundos
que soñar.
O neno ten cen linguas
pero róubanlle noventa e nove.
A escola e a cultura
sepáranlle a cabeza do corpo.
Dinlle:de pensar sen mans
de actuar sen cabeza
de escoitar e non falar
de entender sen alegría
de amar e sorprenderse
só en Pascua e en Nadal.
Dinlle:
que descubra o mundo que xa existe
e de cen róubanlle noventa e nove.
Dinlle:que o xogo e o traballo
a realidade e a fantasía
a ciencia e a imaxinación
o ceo e a terra
a razón e o soño
son cousas que non van xuntas
E dinlle
que o cen non existe
O neno di:"en cambio o cen existe".
( Loris Malaguzzi )

lunes, 3 de mayo de 2010

TEATRIÑO DE SOMBRAS

Hoxe fixemos a nosa primeira sesión de teatro de sombras, coas nosas letras creativas. Pasámolo moi ben,facendo bailar a bruxa "Analfabeta" con algún animaliño letrado.



sábado, 1 de mayo de 2010

AGASALLO MAMÁ

Fixemos unhas bonitas flores, para agasallar ás mamis polo día da nai.
MOITAS FELICIDADES .