....................................................................

....................................................................
..................................................................................

miércoles, 23 de junio de 2010

FELICES VACACIÓNS

Mil noraboas pequerrechos, polo traballo e esforzo realizado ao longo deste curso.A nosa aula convertémola nun lugar máxico, chea de pinceladas de lindas cores que entre todas/os pintamos, foron moitas horas de alegrías, xogos, descubrimentos,vivenzas, e moitos, moitos soños que fixemos realidade.
Moitas grazas tamén, ás familias por estar sempre ao noso carón, participando e colaborando con todos os proxectos realizados.
Disfrutade moitísimo das vacacións e vémonos en setembro.
Un biquiño moi forte.

ABELLA DE RECICLAXE

Tamén fixemos unha abella, para cada un de nós, reciclando rolos de cartón de papel hixiénico.

DOSSIER ABELLAS



Este é o noso dossier do proxecto das abellas, ademais acompañamos as diferentes asembleas.

OBXECTOS ABELLAS

Un dos obxectos imprescindibles dentro da colmea son os panais, onde as abellas van depositar desde ovos, pole, mel...
Observamos e tocamos con todo luxo de detaie, o panal que Simón nos trouxo a nosa aula.

miércoles, 16 de junio de 2010

CAMIÑO DE SANTIAGO

Hoxe percorremos un anaquiño do camiño de Santiago. Aquí deixamos algunhas fotos da nosa experiencia que compartimos con todo o alumnado de primaria. Tivemos o punto de encontro en Leboreiro, para atoparnos alí co alumnado da ESO que leva facendo o camiño durante toda esta semana.

sábado, 12 de junio de 2010

CUMPLES XUÑO E AGOSTO

O venres celebramos o cumple de Xoel, Dani e Óscar. Convidáronnos a unha rica tarta de chocolate con nata e froitas. Estaba deliciosa.






MOITAS FELICIDADES.

sábado, 5 de junio de 2010

CONCURSO LUÍS SEONE

Como todos os anos o equipo de dinamización e normalización lingüística, organizou un ano máis, o concurso " Luís Seoane" sobre narrativa e pintura. Os máis pequenos tivemos que ilustrar un conto titulado " A viaxe en globo". Aquí vos deixamos os debuxos gañadores e unha foto con algúns dos nosos galardoados. Os traballos que a nosa aula presentou eran en conxunto,participamos todos/as, polo que o agasallo é para todos/as, para a nosa aula. Recolle o premio en representación do alumnado de 3 anos, Javi.





miércoles, 2 de junio de 2010

O APICULTOR

Hoxe tocounos investigar un pouquiño sobre o apicultor/a, persoa que se adica á crianza das abellas. Para elo, nada mellor que poñernos o seu traxe, e converternos en pequenos apicultores, por un anaquiño.

martes, 1 de junio de 2010

ABECEDARIO CORPORAL

Aquí mostramos o noso abecedario corporal, a toda... marcha.

video