....................................................................

....................................................................
..................................................................................

sábado, 1 de octubre de 2011

AGARRADAS

Unha das primeiras actividades que fixemos no noso proxecto " A máxia da palabra" foi unha asemblea onde comentamos o que era a palabra para cada un de nós. Estas foron as respostas dos nenos/as.
  • É para falar
  • É para escribir
  • Para ler
  • Para pintar
  • Válennos para contar cousas e tamén contos
  • Mándanos e dinnos cousas
  • Unha palabra ten letras
  • Letras xuntas
  • Ten máis dunha letra
  • As letras teñen que ir agarradas
  • Teñen que ir collidas como da man.
De aí xorde a nosa actividade titulada " AGARRADAS". Decidimos por pequenos grupos escribir letras nas nosas palmas das mans, unilas para deste xeito, ir compoñendo os nosos nomes. Aquí vos deixamos algunhas fotos da actividade.