....................................................................

....................................................................
..................................................................................

sábado, 15 de octubre de 2011

CONTO VIAXEIRO DO SAMAÍN

Os diferentes equipos de ciclo do centro acordamos realizar un conto viaxeiro relacionado coa temática do Samaín. A historia comenza na aula de 3 anos, así sucesivamente..., pasando polos seguintes niveis ata rematar polo alumnado de 6º de E.P. Ademais de inventar cada fragmento do conto, cada aula debe encargarse da súa ilustración.

A historia comenza na aula de tres anos da seguinte maneira:

Título : A CABAZA QUE ANDABA PERDIDA POLA SELVA

Érase unha vez unha cabaza de Samain que quedou durmida e cando espertou douse conta de que estaba perdida nunha selva...


Continua a historia o alumnado de 4 anos:

Alí, encontrouse con moitos monstruos que estaban celebrando o Samaín. Todos xuntos, cantaban, brincaban, comían e tamén asustaban a todos os que pasaban por alí. Cando viron a cabaza quixérona coller e...

Agora damos continuidade á historia, o alumnado de 5 anos.

Ela correu, correu, correu, ata chegar a unha cabana onde vivía unha bruxa chamada Pelona. Pelona tiña un gato negro, chamado Gatuno. Os tres fixéronse amigos e decidiron viaxar nunha vasoira máxica a...

Agora continúa o alumnado de 1ºA...

Aquí deixamos os debuxos das personaxes que aparecen no noso anaquiño do conto e a ilustración final do noso fragmento.















Ilustración do noso fragmento.

Unha vez rematado o conto mostrarémolo en formato vídeo.