....................................................................

....................................................................
..................................................................................

lunes, 26 de septiembre de 2011

PROXECTO ARTELLANDO

Este curso a nosa aula convertirase nun taller de artistas.
Co noso proxecto "Artellando" educar coa arte e na arte é posible nas nosas aulas. Abordaremos obras de diversos/as artistas onde imos apreciar a xeometría, as normas da aula, os recantos, as estacións e as diferentes conmemoracións. Realizaremos actividades moi motivadoras e dun gran valor didáctico.



lunes, 19 de septiembre de 2011

MESTURA DE CORES

Neste trimestre imos iniciar un proxecto sobre Arte, nada máis motivador para inicialo como traballar a mestura das cores dun xeito divertido.
Hoxe a partir da lectura do conto
" Rojo Azul Amarillo" fixemos unha mestura de cores para obter as cores que aparecen no conto. Para elo, pintamos as mans, xuntámolas e frotámolas por parellas. Deixamos unhas fotos da actividade realizada. Pasámolo xenial!!!

















martes, 13 de septiembre de 2011

PSICOMOTRICIDADE



Os nenos/as de 5 anos este curso terán psicomotricidade os xoves. Este día deberán traer chandal e zapatillas de deporte.

lunes, 12 de septiembre de 2011

BENVIDA

BENVIDA AOS SUPER-PEQUERRECHOS.




Voltamos ao mundo dos soños, da máxia,
onde viven as fadas e os trasnos
e onde os títeres falan.

Todo está cheo de cores,
e ata pintamos o arco da vella
as nubes e o amencer
nun inmenso e grande papel.

Deséxovos a todos un lindo comenzo.