....................................................................

....................................................................
..................................................................................

viernes, 28 de octubre de 2011

TEMPO DE HALLOWEEN

Así é como quedou decorada a entrada do noso cole co motivo do Halloween.

O OUTONO NA ARTE

Escollemos unha obra da artista Natasha Wescoat para representar o outono.

Ista é a obra orixinal.


Proxectámola co canón e na asemblea fixemos observacións e comentarios sobre a mesma.


Representámola, pintando primeiramente o fondo con esponxas.


Debuxamos co lapis.


Repasamos.


Pintamos.


As nosas obras de arte.




O noso mural.

jueves, 27 de octubre de 2011

AS CINCO CABAZAS

Co proxecto Artellando decidimos facer pinturas relacionadas co tempo do Samaín. A nosa aula escolleu pintar cabazas. Foron varias as pinturas que miramos e ao final seleccionamos unha, da pintora chilena Jacqueline Sacks. Aquí mostramos os pasos da realización da nosa obra artística.

PINTURA ORIXINAL


PINTANDO O FONDO


DEBUXANDO AS CABAZAS


DEBUXO DAS CABAZAS CO LAPIS


PINTANDO AS CABAZAS


PINTANDO O FONDO CON ESPONXAS


DEBUXANDO DE NOVO AS RAIAS DAS CABAZAS


PINTANDO AS RAIAS DAS CABAZAS


PINTANDO O FONDO


ASINANDO O CADRO


ESCOLLEMOS UN TÍTULO E ESCRIBÍMOLO


ISTE É O RESULTADO.

viernes, 21 de octubre de 2011

VISÍTANOS AMANDA

Amanda a auxiliar de coversa da sección bilingüe da ESO, dime que lle gustaría estar un pouquiño cos meus peques de infantil. Unha idea fantástica!!!, non o dudei, aquí tendes un anaquiño do que fixemos con ela. Thank you Amanda.

video

AS NORMAS COA ARTE

Este é o cartel que desde hoxe temos na nosa aula para non esquecernos das normas; como estamos traballando a arte en diferentes dimensións, non podíamos deixar de lado este apartado.Escollemos pinturas de diversos pintores como: Millet, Picasso, Munch, Seoane, Van Gogh, Matisse e Leonardo Da Vinci.

CONTOS CON ANXO MOURE

Hoxe despois do recreo tivemos a sorte de poder disfrutar cos contos de Anxo Moure. A dicir verdade, pasámolo moi ben. Aquí deixamos unha fotiño de Anxo coa su bicicleta, cargadiña de libros.

jueves, 20 de octubre de 2011

FOLLA DE LETRAS

Aquí mostramos a nosa representación da fotografía de Chema Madoz, que os pequerrechos titularon " Folla de letras". Despois de observala detidamente e facer comentarios sobre ela, concluiron buscando significados nela " quérenos dicir algo", " quere que esteamos con ela", " quere que seamos amigos dela".Para finalizar escribiron os seus nomes en dúas follas e colocáronas sobre un fondo de madeira para representala.

FOTO ORIXINAL

AS NOSAS FOTOS

VISITA SORPRESA

Mañán venres teremos unha visita sorpresa da ciclobiblioteca ao noso centro. Será Anxo Moure o encargado de contarnos fermosas historias que percorren os diferentes concellos da nosa comunidade. Esta actividade é ofertada polo concello do Pino.

sábado, 15 de octubre de 2011

CONTO VIAXEIRO DO SAMAÍN

Os diferentes equipos de ciclo do centro acordamos realizar un conto viaxeiro relacionado coa temática do Samaín. A historia comenza na aula de 3 anos, así sucesivamente..., pasando polos seguintes niveis ata rematar polo alumnado de 6º de E.P. Ademais de inventar cada fragmento do conto, cada aula debe encargarse da súa ilustración.

A historia comenza na aula de tres anos da seguinte maneira:

Título : A CABAZA QUE ANDABA PERDIDA POLA SELVA

Érase unha vez unha cabaza de Samain que quedou durmida e cando espertou douse conta de que estaba perdida nunha selva...


Continua a historia o alumnado de 4 anos:

Alí, encontrouse con moitos monstruos que estaban celebrando o Samaín. Todos xuntos, cantaban, brincaban, comían e tamén asustaban a todos os que pasaban por alí. Cando viron a cabaza quixérona coller e...

Agora damos continuidade á historia, o alumnado de 5 anos.

Ela correu, correu, correu, ata chegar a unha cabana onde vivía unha bruxa chamada Pelona. Pelona tiña un gato negro, chamado Gatuno. Os tres fixéronse amigos e decidiron viaxar nunha vasoira máxica a...

Agora continúa o alumnado de 1ºA...

Aquí deixamos os debuxos das personaxes que aparecen no noso anaquiño do conto e a ilustración final do noso fragmento.















Ilustración do noso fragmento.

Unha vez rematado o conto mostrarémolo en formato vídeo.

viernes, 14 de octubre de 2011

CUMPREANOS OUTUBRO

Hoxe celebramos o cumpreanos de Yago e Iria, convidáronnos a unha deliciosa tarta.







O equipo de ciclo acordou este ano agasallar aos anfitrións cunha tarxeta da obra " El cumpleaños que nunca tuve" de Chava Wolf.

MOITAS FELICIDADES

viernes, 7 de octubre de 2011

FOLLA CON GANCHO

Despois dunha fermosa asemblea onde comentamos e buscamos o título e o significado das fotos de Chema Madoz, decidimos representalas, primeiro con obxectos e despois graficamente. Aquí un exemplo.












miércoles, 5 de octubre de 2011

UNHA IMAXE UNHA CHEA DE PALABRAS

Unha foto, un mundo cheo de imaxinación, emocións e percepcións.





Fotografías de Chema Madoz

lunes, 3 de octubre de 2011

A ARTE NOS CUMPLES

Desde o equipo de ciclo escollemos unha obra para os cumpleanos, titulada "El cumpleaños que nunca tuve" da pintora Chava Wolf Wijnitzer. Aquí vos deixamos unhas fotos de como representamos a obra.


Pintura orixinal

FASES DA REALIZACIÓN:


Observación da pintura proxectada co canón, comentarios da mesma na asemblea.


Estampado de dedos sobre unha cartolina.


Debuxo e coloreado dos diferentes elementos e personaxes que aparecen no cadro.


Colocamos cada unha das pezas sobre a mesa, situándoas igual que no cadro coa axuda da proxección.




Colocamos cada unha das pezas sobre a cartolina.


Pintamos cartón para facer o marco.


Cadro listo.



O cadro real
o noso cadro.