....................................................................

....................................................................
..................................................................................

lunes, 31 de diciembre de 2012

POSTAL DE NADAL

Mostramos a postal que fixemos este Nadal para felicitar as nosas familias.






sábado, 15 de diciembre de 2012

VESTIMOS O COLE DE NADAL

 Participamos conxuntamente con todo o alumnado de Educación Infantil e primaria, na elaboración de adornos para colocar no abeto do cole. E mirade que boneco máis orixinal, idearon os compoñentes do equipo de actividades complementarias-extraescolares. Non pode faltar o tradicional belén, contamos coa axuda da profe de reli para a súa colocación. Bonita, bonita, que está a nosa entrada do centro, vestida de Nadal.
 
 

 

PIANDO, PIANDO, NO NADAL

Este ano o equipo de ciclo, decidimos piar tamén no Nadal. Nada mellor para elo, que facer unha árbore empregando materiais moi acordes co noso proxecto: cartóns de ovos e ovos. Non faltan o galo Xosé, o pitiño Xesús e a galiña María. Grazas compañeiras e alumnado polo fantástico traballo realizado.





martes, 11 de diciembre de 2012

CUMPRES DE NOVEMBRO

Aquí deixamos unha fotiño do noso cumpreañeiro Nicolás. Degustamos unha rica tarta de chocolate. MOITAS FELICIDADES.


lunes, 19 de noviembre de 2012

PRIMEIRA ASEMBLEA DO PROXECTO PIANDO...

Aquí deixo os coñecementos previos dos meus pequerrechos sobre a temática dos pitos e familia. Nunca deixan de sorprenderme, temos moito que piar, pero piaremos, xa veredes.

Os pitos  son os bebés das galiñas, son amarelos, é un animal, é blanco,eu teño jaliñas non pitos, son amarelos, teñen cresta vermella, dúas patas e máis unha cabeza, os ollos, teñen un pico, teñen o corpo cheo de herba, nonnnn de plumas, as nosas e as da abuela Carmen teñen plumas e as da abuela Pura tamén. Comen millo, doulle millo da abuela Pura, fariña tamén, a fariña son os porcos, sí, sí que comen fariña, tamén berzas. Viven no jaliñeiro, nunha corte, donde pousan o jalleto, síii alí arriba. Viven nun galiñeiro, non, no galiñeiro non. Saen da barriga, da barriga nonnn, dos ovos. PREGUNTA BEA: De todos os ovos saen pitos?, non porque dalgún sae a tortilla, no porque eu teño galiñas na casa da abuela e rompe os ovos e a cáscara cae, eu un día batín un ovo na parede na casa do abuelo, dalgún sae tortilla e doutros pitos, sí, sí, sí, no, non saen de todos os ovos pitos, en todos os ovos non hai pitos, porque as miñas botan ovos e teñen tortilla dentro.Dentro do ovo está a tortilla, sí, sí, si que está, no, no porque hai que facela, hai que facela e despois comela. O ovo é redondo, os pitos rómpeno e saen, rompémolo para facer a tortilla, ten cáscara e sale amarillo, comémolos con tomate, mamá fainos na pota, non, na sartén e revolvemos.

Boísima asemblea, vaia debate  e discusión entre eles/elas. Arrancamos a investigar...

miércoles, 31 de octubre de 2012

SAMAÍN 2012

Hoxe festexamos o Samaín, as profes preparáronse para a ocasión, as nosas cariñas levaron un debuxo de medo e ademais, os nenos/as de 5ºB viñéronnos contar o conto do "Sacapenas". Como en toda festa, non faltou a música e o baile. Aquí unhas fotiños. Boa ponte, voltamos o luns día 5.





viernes, 26 de octubre de 2012

CUMPRES DE OUTUBRO

Hoxe celebramos os cumpres do mes de outubro. Degustamos unha rica, rica, tarta de chocolate, nata e gominolas. Unhas fotos dos nosos cumpreañeiros.

PARABÉNS





UN NOVO COMPAÑEIRO

Desde o mércores temos na nosa aula un novo compañeiro, Dani, xa somos 24.
BENVIDA

viernes, 19 de octubre de 2012

GALIÑAS COAS MANS

Nestes días estamos a realizar unhas galiñas coas pegadas das nosas mans. Aquí un exemplo da actividade.

jueves, 4 de octubre de 2012

UNHA SAÍDA MOI ESPECIAL

Hoxe asistimos á escola infantil " a galiña azul" para conmemorar o día dos animais. Pasamos unha xornada estupenda acompañados por Vanesa, Laura, Nuria, Merce e Bea. Podemos dicir que foi case o inicio do noso proxecto " Piando, piando", alí estábannos esperando uns pitiños para que puideramos coñecelos e saber un pouquiño sobre eles.Algunhas das actividades realizadas foron: observación dos pitos e os seus alimentos, conto do " Polo Pepe ", pintamos con plumas sobre un papel continuo, a profe Merce cantounos a canción de "Cucut"e para rematar as nosas ex-profes agasalláronnos cuns sobreciños onde levamos a comida que comen os pitiños, como: millo, trigo e cebada. Moitas grazas ás compañeiras da escola infantil pola súa invitación e o ben que nos recibiron, foi fantástico o momento que vivimos con vós. Disculpas mamis, non sabiamos que ibamos pintar, vaia, vaia, vaia, como foi algunha roupa, cheiña de témpera.

lunes, 1 de octubre de 2012

VISITA Á ESCOLA INFANTIL " GALIÑA AZUL"

Este xoves visitaremos a nosa ex-escola a galiña azul. Alí estarannos esperando con moito entusiasmo, as nosas ex-profes e os nosos ex-compañeiros; todos xuntos pasaremos un momento único, vivenciaremos sen dúbida, unha xornada fantástica a través de contos, cancións e realizaremos algún obradoiro. Seica nos teñen unha sorpresa moi especial, imos coñecer a alguén moi desexado por todos nós. O motivo desta xuntanza é celebrar conxuntamente o día dos animais, xenial!!! para dar inicio ao noso proxecto piando, piando. Moitas grazas ás profes da escola infantil por convidarnos a pasar un anaquiño de tempo con todos vós, neste día.

O NOSO RECUNCHO DOS PITOS

Hoxe xa empezaron a chegar a nosa aula, materiais aportados polas familias, como plumas, millo, contos, dvds. Seguide mandando, con todo elo é como arrancaremos a nosa investigación sobre os pitos e a súa familia. Moitas grazas pola vosa participación.

OS NOSOS PITIÑOS BRANCOS DE CRISTA VERMELLA

viernes, 28 de septiembre de 2012

CUMPRES DE SETEMBRO

Hoxe celebramos os cumpres deste mes, as nosas cumpreañeiras foron Laura e Marta.Degustamos unha deliciosa tarta de chocolate, nata e gominolas. MOITAS FELICIDADES.

jueves, 20 de septiembre de 2012

NO PATIO

Aquí mostramos algúns momentos que vivenciamos no noso patio.

miércoles, 19 de septiembre de 2012

jueves, 13 de septiembre de 2012

O NOSO SEGUNDO DÍA

Istes son algúns dos nosos momentos.













A profe vestiuse co seu mandilón