....................................................................

....................................................................
..................................................................................

lunes, 30 de enero de 2012

SOÑOS DE PAZ

A nosa voadora de soños imprimíronola nunha gran lona, para saír a rúa e colocala na nosa localidade e así, os nosos veciños/as e familiares poderán deixar plasmado o seu soño de paz. Moitas grazas cuñado da profe Sandra, por facernos este bonito agasallo, el foi o que nos fixo a lona coa nosa pombiña. Aquí vos deixamos unhas fotiños da nosa xornada.

ESCRIBIMOS O NOSO SOÑO DE PAZ.

IMOS AO CENTRO DO POBO ONDE O CONCELLO TIVO A XENTILEZA DE COLOCARNOS A LONA NUNHA PAREDE. MOITAS GRAZAS.

>


ESCRÍBENNOS SOÑOS DE PAZ, FAMILIARES E VECIÑOS.





METÁFORA VISUAL

Esta imaxe que presentamos, vainos permitir de forma rápida e sinxela facer comprensible a súa idea. Representamos a través dela, a unidade,a reunión, a igualdade. Quixemos facela pública hoxe, un día moi apropiado e sinalado, " O día da paz".

sábado, 28 de enero de 2012

CUMPRES XANEIRO

Hoxe celebramos os cumples do mes de xaneiro, os nosos anfitrións foron Candela e Diego. Degustamos unha deliciosa tarta de nata, fresa e chocolate.
MOITAS FELICIDADES.




A PAZ NA ARTE

O alumnado de Ed. Infantil inspirouse na obra da pintora Carolina Cuadrillero, para realizar unha obra artística conxunta, sobre a paz.

A obra orixinal.



Pasos realizando a obra.O fondo realizámolo de forma conxunta, os tres niveis de infantil. Cada aula montou anaquiños da pintura a través de diferentes técnicas plásticas.





Poñémoslle un título " VOADORA DE SOÑOS". E agora aquí o resultado, fantástico.

miércoles, 25 de enero de 2012

COMPOSICIÓN E TRANSFORMACIÓN CUN TRIÁNGULO

A partir dun triángulo que previamente decoramos, compusemos o noso mural de Nadal, todo o alumnado de infantil.







Á volta das vacacións descompusemos o mural e agora temos que empregar cada triángulo para transformalo nun obxecto.Para elo fixemos bocetos.



Pintamos cartolinas con esponxas.





E agora as nosas creacións.



miércoles, 18 de enero de 2012

O INVERNO NA ARTE

Para traballar o inverno escollemos unha obra do pintor Rodrigo Aguilo Schiaffino, titulada " Crudo invierno".



Despois dunha minuciosa observación da obra e detaiosa asemblea, pasamos a representala.

Pintamos as árbores de negro.


Pintamos manchas de cores.


Asinamos con rotula permanente.


E por último, unhas pinceladas de acuarela.




Poñésmoslle un título: "As árbores do inverno"