....................................................................

....................................................................
..................................................................................

sábado, 25 de febrero de 2012

CUMPREANOS DE FEBREIRO

O venres celebramos o cumpreanos de Eric. Degustamos un delicioso biscoito caseiro. MOITAS FELICIDADES.

domingo, 19 de febrero de 2012

ASÍ É COMO NOS VEMOS DISFRAZADOS

Un exemplo de como vemos a nosa profe e a nós mesmos, disfrazados. Fantásticos debuxos, que o din todo.



FESTA DO ENTROIDO

O venres celebramos no cole o entroido, este ano tivemos desfile, baile, actuación do alumnado de E.P con recitado de regueifas e degustación de productos destas datas como filloas, orellas e rosquillas.

CADA QUEN COA SÚA CARAUTA

<

lunes, 13 de febrero de 2012

RETRATOS ENTROIDENTOS

Cada neno/a decora a súa foto, caracterizándoa coa personaxe que fixo na carauta. Deixamos hoxe, o exemplo de Joel. Fixo a súa carauta de cebra e do mesmo xeito, decora a súa foto para realizar o seu retrato entroidento. Mañán tocará pegalo nun fondo e seguir realizando máis retratos, que de seguida iremos mostrando.







CARAUTAS CON PRATOS

Hoxe fixemos unhas divertidas carautas. Empregamos para a súa elaboración pratos de plástico, papeis, cartolinas, lá, ceras, rotuladores e teas. Aquí deixamos unhas fotos.



AS NOSAS LECTURAS



lunes, 6 de febrero de 2012

O COELLIÑO AVENTUREIRO


Moitos parabéns para Eva Varela ( mamá de Nerea e Sarai) pola publicación do seu conto " O coelliño aventureiro". Non dubides Eva, traballarémolo cos nosos peques nas nosas aulas.

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

O pasado xoves visitounos a profe Merce e o seu bebé, Xián.
Moitas grazas por virnos ensinar o teu pequerrechiño.