....................................................................

....................................................................
..................................................................................

viernes, 28 de septiembre de 2012

CUMPRES DE SETEMBRO

Hoxe celebramos os cumpres deste mes, as nosas cumpreañeiras foron Laura e Marta.Degustamos unha deliciosa tarta de chocolate, nata e gominolas. MOITAS FELICIDADES.

jueves, 20 de septiembre de 2012

NO PATIO

Aquí mostramos algúns momentos que vivenciamos no noso patio.

miércoles, 19 de septiembre de 2012

jueves, 13 de septiembre de 2012

O NOSO SEGUNDO DÍA

Istes son algúns dos nosos momentos.













A profe vestiuse co seu mandilón

miércoles, 12 de septiembre de 2012

O NOSO PRIMEIRO DÍA

Hoxe abrimos a porta da nosa aula rosa, iniciamos o noso primeiro día de clases con moitos nervios, ansiedades, algunha bágoa e tamén moitos sorrisos.

Xa formamos parte dunha nova vida, onde imos soñar, xogar, cantar e fantasear.





 

BENVIDA MEUS PEQUERRECHIÑOS

martes, 11 de septiembre de 2012

MÉRCORES DÍA 12, COMENZAMOS

A nosa aula de 3 anos convertirase nun fermoso poleiro, onde dará acollida a uns agarimosos pitiños e pitiñas. Estou segura que a súa adaptación vai ser sumamente satisfactoria, sí de verdade, tod@s nos implicamos nelo. Adiante!!

O pitiño branco
de crista vermella
comeza hoxe a escola
do medio da eira.

Intúe que a escola
é algo importante,
porque no poleiro
só fan preguntarlle:

-E ti?...vas á escola?
-Cando á escola irás?
-Se non vas á escola...
non aprenderás.

Onte pola noite
non pechaba ollo,
estaba nervioso
con todo ese embrollo.

O pitiño branco
non dorme, non soña,
faise mil preguntas
sobre iso da escola:

Haberá unha mestra?,
ou un educador?,
será un sitio frío?,
fará nel calor?

Que fago cando entre?,
terei que sentar?
Se non teño sitio...
poderei marchar?

Alí hai moita xente...
coñecerei a alguén?
Con quen xogo se...
non coñezo a ninguén?

E se quero caca
ou facer pipí...
a quen llo debo eu
comentar ou dicir?

Se vou ao retrete
saberei regresar?
Quen a cremalleira
me axudará a pechar?

E se cando acabe
non me veñen buscar...
que fago? marchar?
ou pórme a chorar?

Estas e outras dúbidas
fanlle presentir
que iso da escola
non é para si.

Cando dorme, soña
coa avoa galiña.
Que emocionada
está a pobriña!:

-Como pasa o tempo!
Onte inda era ovo,
e hoxe o meu neto
é un alumno novo!

Espertou outra vez,
ás tres da mañá
e lembrou as cousas
que lle mercou papá:

Un lapis, uns folios,
unhas cores, un traxe...,
Moitas máis cousas
que se vou de viaxe!
..................................
O galo ergueuse
e chamou ao pitiño,
a pola mandou
bulir un pouquiño:

- Hai que bulir un pouco,
xa pasa da hora
correde ou non chegamos
cediño á escola.

Será que a escola
- pensa o pitiño
se
vai desprazando
cada minutiño?

Ai que nervios teño!
Xa estamos chegando
con pitas e pitos
eu voume atopando.

O pai, o galo
está preocupado...:
que fará o pito
cando estea esgotado?

Se a escola é -cavilao
mellor que hai...
por que lle treme todo
á miña bela nai?
...............................
Que é iso que soa?
Que é ese timbre?..
Non entro, non quero,
as miñas ás resístense.

Mamá dáme bicos,
papá dáme máis,
Nin que me fose
alén de Xangai!

Se me dan máis bicos,
voume suxeitar,
forte, moi forte,
non me hei soltar.
...........................
Chegou o momento,
xa teño que entrar,
saúdanme na porta...
isto vaime gustar.

Papá e mamá
quedaron un pouquiño
por se tiña medo
de ficar soíño.
............................
...Aos poucos días
vai seguro á escola,
está pouco tempo,
máis todo controla.
.................................
E é que esta escola,
a escola da eira,
ten un plan de entrada
que é de primeira.


Azucena Arias Correa

martes, 4 de septiembre de 2012

REUNIÓN INICIO DO CURSO

Xa estamos de novo de volta, este ano estarei con pitiños brancos de cresta vermella que van comenzar a escola no medio da eira.
Convócovos ás familias o xoves día 6, ás 11:00 horas a unha reunión, na nosa aula, para tratar aspectos organizativos do comenzo do curso, así como do periodo de adaptación.
Espérovos a tod@s.

Só desexarlles aos meus pitiños que teñan unha feliz acollida, nesta nova andaina que axiña comenzarán.