....................................................................

....................................................................
..................................................................................

miércoles, 31 de octubre de 2012

SAMAÍN 2012

Hoxe festexamos o Samaín, as profes preparáronse para a ocasión, as nosas cariñas levaron un debuxo de medo e ademais, os nenos/as de 5ºB viñéronnos contar o conto do "Sacapenas". Como en toda festa, non faltou a música e o baile. Aquí unhas fotiños. Boa ponte, voltamos o luns día 5.





viernes, 26 de octubre de 2012

CUMPRES DE OUTUBRO

Hoxe celebramos os cumpres do mes de outubro. Degustamos unha rica, rica, tarta de chocolate, nata e gominolas. Unhas fotos dos nosos cumpreañeiros.

PARABÉNS





UN NOVO COMPAÑEIRO

Desde o mércores temos na nosa aula un novo compañeiro, Dani, xa somos 24.
BENVIDA

viernes, 19 de octubre de 2012

GALIÑAS COAS MANS

Nestes días estamos a realizar unhas galiñas coas pegadas das nosas mans. Aquí un exemplo da actividade.

jueves, 4 de octubre de 2012

UNHA SAÍDA MOI ESPECIAL

Hoxe asistimos á escola infantil " a galiña azul" para conmemorar o día dos animais. Pasamos unha xornada estupenda acompañados por Vanesa, Laura, Nuria, Merce e Bea. Podemos dicir que foi case o inicio do noso proxecto " Piando, piando", alí estábannos esperando uns pitiños para que puideramos coñecelos e saber un pouquiño sobre eles.Algunhas das actividades realizadas foron: observación dos pitos e os seus alimentos, conto do " Polo Pepe ", pintamos con plumas sobre un papel continuo, a profe Merce cantounos a canción de "Cucut"e para rematar as nosas ex-profes agasalláronnos cuns sobreciños onde levamos a comida que comen os pitiños, como: millo, trigo e cebada. Moitas grazas ás compañeiras da escola infantil pola súa invitación e o ben que nos recibiron, foi fantástico o momento que vivimos con vós. Disculpas mamis, non sabiamos que ibamos pintar, vaia, vaia, vaia, como foi algunha roupa, cheiña de témpera.

lunes, 1 de octubre de 2012

VISITA Á ESCOLA INFANTIL " GALIÑA AZUL"

Este xoves visitaremos a nosa ex-escola a galiña azul. Alí estarannos esperando con moito entusiasmo, as nosas ex-profes e os nosos ex-compañeiros; todos xuntos pasaremos un momento único, vivenciaremos sen dúbida, unha xornada fantástica a través de contos, cancións e realizaremos algún obradoiro. Seica nos teñen unha sorpresa moi especial, imos coñecer a alguén moi desexado por todos nós. O motivo desta xuntanza é celebrar conxuntamente o día dos animais, xenial!!! para dar inicio ao noso proxecto piando, piando. Moitas grazas ás profes da escola infantil por convidarnos a pasar un anaquiño de tempo con todos vós, neste día.

O NOSO RECUNCHO DOS PITOS

Hoxe xa empezaron a chegar a nosa aula, materiais aportados polas familias, como plumas, millo, contos, dvds. Seguide mandando, con todo elo é como arrancaremos a nosa investigación sobre os pitos e a súa familia. Moitas grazas pola vosa participación.

OS NOSOS PITIÑOS BRANCOS DE CRISTA VERMELLA