....................................................................

....................................................................
..................................................................................

lunes, 19 de noviembre de 2012

PRIMEIRA ASEMBLEA DO PROXECTO PIANDO...

Aquí deixo os coñecementos previos dos meus pequerrechos sobre a temática dos pitos e familia. Nunca deixan de sorprenderme, temos moito que piar, pero piaremos, xa veredes.

Os pitos  son os bebés das galiñas, son amarelos, é un animal, é blanco,eu teño jaliñas non pitos, son amarelos, teñen cresta vermella, dúas patas e máis unha cabeza, os ollos, teñen un pico, teñen o corpo cheo de herba, nonnnn de plumas, as nosas e as da abuela Carmen teñen plumas e as da abuela Pura tamén. Comen millo, doulle millo da abuela Pura, fariña tamén, a fariña son os porcos, sí, sí que comen fariña, tamén berzas. Viven no jaliñeiro, nunha corte, donde pousan o jalleto, síii alí arriba. Viven nun galiñeiro, non, no galiñeiro non. Saen da barriga, da barriga nonnn, dos ovos. PREGUNTA BEA: De todos os ovos saen pitos?, non porque dalgún sae a tortilla, no porque eu teño galiñas na casa da abuela e rompe os ovos e a cáscara cae, eu un día batín un ovo na parede na casa do abuelo, dalgún sae tortilla e doutros pitos, sí, sí, sí, no, non saen de todos os ovos pitos, en todos os ovos non hai pitos, porque as miñas botan ovos e teñen tortilla dentro.Dentro do ovo está a tortilla, sí, sí, si que está, no, no porque hai que facela, hai que facela e despois comela. O ovo é redondo, os pitos rómpeno e saen, rompémolo para facer a tortilla, ten cáscara e sale amarillo, comémolos con tomate, mamá fainos na pota, non, na sartén e revolvemos.

Boísima asemblea, vaia debate  e discusión entre eles/elas. Arrancamos a investigar...