....................................................................

....................................................................
..................................................................................

jueves, 26 de diciembre de 2013

ANIMAIS LETRADOS



domingo, 22 de diciembre de 2013

FELICES FESTAS.

ENTRE AS COUSAS
 MÁIS SINXELAS E COTIÁS,
AGÓCHANSE MILES 
DE PINGUIÑAS DE FELICIDADE,
ABRE AS MANS
E DEIXA QUE SE ENCHAN DE SOÑOS.

BO NADAL


viernes, 20 de diciembre de 2013

CUMPRES DECEMBRO

Os nosos cumpreañeiros do mes de decembro foron Anxo e Dani.
 Moitos parabéns.


viernes, 29 de noviembre de 2013

CUMPRES NOVEMBRO

Aquí temos aos nosos cumpreañeiros do mes de novembro, Nico e Hugo.

Moitos parabéns.

miércoles, 6 de noviembre de 2013

MURAL PREHISTÓRICO

Aquí temos aos nosos prehistóric@s. Unha viaxe á época que vai resultar de seguro, do máis atractiva. Xa iremos contando as nosas andainas.


lunes, 28 de octubre de 2013

CUMPRES DE OUTUBRO

O venres celebramos os cumpres do mes de outubro, os nosos anfitrións foron: Samuel, Manuel e Pablo josé. Convidáronnos a unha rica tarta de nata, mmmm!!!!, estaba deliciosa. MOITOS PARABÉNS CUMPREAÑEIROS.



viernes, 27 de septiembre de 2013

CUMPRES DE SETEMBRO

Hoxe celebramos os cumpres do mes de setembro. Os nosos cumpreañeiros foron Jorge e Marta.Degustamos unha rica tarta de nata,mmmmmmm!!!! estaba deliciosa. MOITOS PARABÉNS

domingo, 22 de septiembre de 2013

VIAXAMOS Á PREHISTORIA

En breve emprenderemos viaxe á prehistoria, ídenos mandando materiais para poder iniciar a nosa investigación. Alá imos!!!!

sábado, 21 de septiembre de 2013

AVISO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Lembrade que todo o alumnado que fai uso do transporte escolar á saída, debedes anotalos en actividades extraescolares. A ANPA mandou unha circular para poder escoller as actividades, a data límite era ata o venres, non chegaron todas. De non anotalos, teredes que recoller aos vosos fillos/as no centro, ás 15:30 horas a partires de outubro.

domingo, 15 de septiembre de 2013

DÍA DE PSICOMOTRICIDADE

Os luns temos psicomotricidade, lembrarvos do chandal e as zapatillas de deporte. GRAZAS

sábado, 7 de septiembre de 2013

Reunión inicio curso

O luns 9 ás 11:00 horas, teremos a reunión de inicio de curso.

viernes, 5 de julio de 2013

FELIZ VERÁN


GOZADE MOITO DO VERÁN

LIPDUB CPI CAMIÑO DE SANTIAGO

miércoles, 26 de junio de 2013

PROXECTO PIANDO, PIANDO

Os nosos dossieres do proxecto piando, piando...



CUMPRES XUÑO, XULLO E AGOSTO

Unhas fotiños dos cumpres deste fin de curso.




MOITÍSIMOS PARABÉNS CUMPREAÑEIROS

COS NOSOS MONSTRUOS

Aquí estamos cos monstruos que confeccionamos coas tapadeiras das caixas de zapatos. Foi unha actividade que realizamos coa profe Merce, participamos nela, todo o alumnado de educación infantil.


martes, 18 de junio de 2013

OVOS DA GRANXA

Observando con detenemento os ovos da granxa, puidemos ver que traen un código, o cal indica a forma de cría e a súa procedencia.

COCIÑAMOS OVOS

Despois de observar as partes do ovo, nada mellor, que facer tortilla. Aquí estamos mans á obra.












jueves, 6 de junio de 2013

lunes, 27 de mayo de 2013

SEMANA CIENTÍFICA

A ANPA organizou para a semana da ciencia, unhas xornadas para todo o alumnado do CPI. Os  pequerrechos participamos no obradoiro  "coñece os teus sentidos".



miércoles, 15 de mayo de 2013

CANTARES GALEGOS

Nestes días estamos a facer unha actividade que organiza a biblioteca do centro, para conmemorar o 150 aniversario da publicación dos cantares galegos de Rosalía de Castro. Consiste en facer cartoneiras e decoralas con fragmentos dos cantares galegos. Deixamos unha mostra do noso traballo.




LETRAS GALEGAS 2013

Este ano o día das letras galegas adícase a Roberto Vidal Bolaño. Na nosa aula fixemos a súa caricatura a partir dun sombreiro.

   Caricatura elexida
Os nosos traballos


 

lunes, 13 de mayo de 2013

CUMPRES MAIO

O venres pasado celebramos o cumpre de Ainoa e Naiara, convidáronnos a unha rica tarta de biscoito con nata, chocolate e gominolas.


MOITOS PARABÉNS CUMPREAÑEIRAS

OS NOSOS POLIÑOS

Pepe, Secundino e Patucón medraron moitísimo, agora é tempo de que poidan estar nun lugar máis axeitado e cómodo. A nosa caixa faise pequena para eles, e ademais, precisan andar soltos pola eira.Tivemos que dicirlles adeus, pero estamos segur@s que Merchy vainos ter informad@s deles. Unhas fotos da nosa despedida.
Foron moitas as caricias que recibiron.
Algún asustouse un pouquiño, nin velo diante quería.
 Adrián atreveuse a coller a Secundino, sen medo ningún.

lunes, 6 de mayo de 2013

PIAMOS NO DÍA DA NAI

Como agasallo as nosas mamás no día da nai, fixemos unhas galiñas, baseadas na obra de Iga Terlecka.
OBRA ORIXINAL

MANS Á OBRA


AS NOSAS GALIÑAS DE CORES

martes, 23 de abril de 2013

PEPE, SECUNDINO E PATUCÓN

Os nosos pitiños, medraron moitísimo. A Pepe podemos verlle moi ben as orelleiras, ata xa podemos apreciar, como a crista e as barbiñas empezan a saír.

DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Na nosa aula piamos, ata no día do libro. O título do texto de Paula Carballeira " Só un libro", adáptase moi ben con este libro que empregamos para o noso proxecto. O libro " A galiña", podemos dicir que apesares de estar caladiño e quietiño, encheunos de moitísima información e revoloteou en nós moita curiosidade, unha xoia moi valiosa para o  traballo que estamos a desenvolver.




SÓ UN LIBRO

Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un libro.
Un libro.
Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro.
Por que?
Que fixen eu?
Míroo e remíroo.
Sacúdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademais de letras e debuxos.
Nada.
É só un libro.
Paréceme inútil, aí quieto, sen moverse.
Éntranme ganas de rompelo, de escachalo, de queimalo, de estragalo...
A ver se así reacciona.
Non.
Que vai reaccionar!
Espera.
O libro espera.
Non se decata de que son máis forte ca el.
Non se decata de que podería esnaquizalo se me deixase levar polo xenio.
Se cadra estase rindo de min.
Crerase moi importante por ser un libro.
Vouno abrir.
Teño curiosidade por saber que escribiron dentro del para que teña eses
aires de superioridade.
Vaia!
Non está nada mal.
Empézame a caer simpático.
Tan caladiño, gardando a súa historia coma quen garda un segredo.
Ás veces penso que a miña irmá pode lerme o pensamento.
Era xusto o que eu quería.
Un libro.
Este libro.

                                                                                   Paula Carballeira


Como agasallo levamos un marcapáxinas.




domingo, 21 de abril de 2013

CUMPRES ABRIL

O venres celebramos os cumpres do mes de abril. Os nosos cumpreañeiros foron Carmen, Adrián e Sabela Vilar. Degustamos unha riquísima tarta de nata e fresas. MMMM!!!! deliciosa...



martes, 2 de abril de 2013

XA ESTÁN DE VOLTA OS NOSOS PITIÑOS

Os nosos pitiños ( Pepe, Secundino e Patucón), xa están de volta no cole, igual ca nós. Nas vacacións foi Merchy ( mamá de Andrea e Noelia) quen se encargou de coidalos. Canto medraron!!!.Agora podemos apreciar moi ben, que cada un deles, pertence a unha raza diferente. Na aula da profe Sandra, asistimos para visitalos e observalos con detenemento. Aquí deixamos unhas fotos.



Pepe, Secundino e Patucón.


A profe Sandra mostrándonos a Patucón, este pitiño ten plumas nas patas.





Brais e a profe Sandra, medindo o pitiño.


 Buffff!!!, o pitiño fixo das súas..., manchou o mandilón e o pantalón de Sandra. Os cativ@s partíronse de risa, jajajajajajajajajajajajajajajajaja, e eu tamén (vouno poñer en pequeniño), jajajajajajajajajajajaja...