....................................................................

....................................................................
..................................................................................

lunes, 14 de enero de 2013

OBSERVACIÓN DE PLUMAS

Reunidos/as en asemblea comenzamos a falar " de que teñen cuberto o corpo os pitos, galiñas e galos?. Estes foron algúns dos comentarios: de pelos, de plumas, de plumas amarelas ,marróns, brancas, negras, as dos pitos son suaves, pequenas, as da galiña son grandes, largas, duras, a do pito móvese, voa, a da galiña é tesa.
" Por qué credes que teñen plumas?": porque se teñen que tapar para non ter frío, os meus capós cando os matamos, sacámoslles as plumas,  si as sacamos no inverno teñen frío, cando as matamos, sacámoslle as plumas, desplumámolas, cando fai sol teñen plumas para non se queimar.

Boa conclusión á que chegaron os pequerrechos: teñen o corpo cuberto de plumas para protexerse do frío e do sol.