....................................................................

....................................................................
..................................................................................

domingo, 31 de marzo de 2013

NACERON OS PITIÑOS

Nacéronnos tres pitiños, presenciamos o nacemento de dous, en vivo e en directo, o último naceu de noite, toda unha sorpresa cando chegamos á mañá e o encontramos. Agora toca coidalos, ver como medran e observar con detenemento os cambios que se producen neles. Nas vacacións encárgasenos Merchy ( mamá de Andrea e Noelia) do seu coidado. O martes cando voltemos ao cole, verémolos cambiados???, medrarían???. Xa vos contaremos...
Aquí deixamos dous vídeos, para que vexades aos nosos pitiños. E tamén, unha foto nosa, con eles.



AYYYY!!!, no vídeo escoítase todo, como podedes apreciar, de quen será esa voz???, dunha das profes, seguro...




Todo listo e preparado. Precisamos axuda do noso amigo Carreira,  prestounos o caixón de madeira e colocou a bombilla vermella, para darlles calor.



Canta emoción por velos!!!, tivemos que ir por turnos, os 24 xuntos, imposible.