....................................................................

....................................................................
..................................................................................

miércoles, 30 de enero de 2013

PIAMOS NA PAZ

Non podíamos deixar de piar, nun día tan conmemorativo, como é o día da paz. Nesta ocasión a nosa galiña "Pacita", choca ovos dos que saen fermosas mensaxes de paz. Esta actividade realizouna conxuntamente educación infantil e 1º ciclo de educación primaria. Grazas alumnado e compañeir@s polo traballo realizado. Moitos parabéns a tod@s e como non, aos nosos docentes músicos ( Paco, Elena V e Iria), que dalgunha maneira, puxeron a beleza musical nesta actividade.



Isten son os nosos oviños escachados, coas mensaxes de paz.

 E AGORA...CRICK CRACK!!


UN VÍDEO QUE O DI TODO.


lunes, 28 de enero de 2013

CUMPRES DE XANEIRO

O venres pasado celebramos o cumpre de Eloi, Xian e Anxo. Degustamos unha riquísima tarta de nata, chocolate e gominolas, mmmmmm!!!!. MOITOS PARABÉNS CUMPREAÑEIROS.

lunes, 21 de enero de 2013

CHÉGANNOS MÁIS MEDICIÓNS DAS NOSAS GALIÑAS

Mostrámosvos como o papá e a avoa de Ainoa miden e pesan as súas galiñas. A galiña toda unha campeona, permaneceu sen moverse, mentres a pesaban, algo increible!!!. Moitas grazas familias pola vosa participación.

jueves, 17 de enero de 2013

PESAMOS E MEDIMOS AS NOSAS PITAS

Unha actividade que solicitamos ás familias, foi que pesaran e mediran as galiñas e galos que teñen nas súas casas, para traballar a comparativa de medicións, entre estas aves domésticas e os cativos. Xa empezaron a chegar datos moi interesantes, para o noso proxecto.
Complicado pesar a galiña, mantela na báscula non é sinxelo, a familia de Xoel, pesouno primeiro a él e logo pesaron ao neno coa galiña. Estupenda idea. Moitas grazas familias pola vosa colaboración.

lunes, 14 de enero de 2013

DEBUXAMOS PITOS

OBSERVACIÓN DE PLUMAS

Reunidos/as en asemblea comenzamos a falar " de que teñen cuberto o corpo os pitos, galiñas e galos?. Estes foron algúns dos comentarios: de pelos, de plumas, de plumas amarelas ,marróns, brancas, negras, as dos pitos son suaves, pequenas, as da galiña son grandes, largas, duras, a do pito móvese, voa, a da galiña é tesa.
" Por qué credes que teñen plumas?": porque se teñen que tapar para non ter frío, os meus capós cando os matamos, sacámoslles as plumas,  si as sacamos no inverno teñen frío, cando as matamos, sacámoslle as plumas, desplumámolas, cando fai sol teñen plumas para non se queimar.

Boa conclusión á que chegaron os pequerrechos: teñen o corpo cuberto de plumas para protexerse do frío e do sol.