....................................................................

....................................................................
..................................................................................

jueves, 28 de febrero de 2013

A INCUBAR...

Merchy a mamá de Andrea e Noelia deixounos a súa incubadora, vaia, vaia a que montamos na aula da profe Sandra, todo o alumnado de infantil. Temos que esperar aproximadamente 21 días, sairannos pitiños???, eu penso que sí. Xa vos teremos ao tanto de todo.

  1º tivemos que coller auga


 2º   botamos a auga na incubadora


 3º colocamos os ovos na incubadora



4º Pechámola, enchufámola. Agora debemos controlar a temperatura e botar 1 vasiño de auga cada 2 días e...

    A ESPERAR

domingo, 24 de febrero de 2013

DEBUXAMOS GALOS






CUMPRES FEBREIRO

O venres celebramos os cumpres do mes de febreiro. Desta vez, os nosos cumpreañeiros foron Andrea, Alejandro e Juan Pablo. Degustamos unha deliciosa tarta de biscoito con chocolate e nata, tiña ademais, moitos bonecos de azucre.mmmmmm!!! rica, rica...
 




 

jueves, 21 de febrero de 2013

ESTAMOS DE LOITO

Hoxe Galicia está de loito. O gran pintor coruñés, Jorge Peteiro faleceu no día de onte.
Os pequerrechos de Bea xunto co alumnado da profe Patri de Ferrol, metíanse nunha nova andaina, alá polo ano 2008, para tratar de coñecer Galicia a través das obras pictóricas, deste artista. Así foi, unha aventura e un proxecto fantástico que culminou cun premio de innovación educativa.Xeneroso onde os haxa, grazas a él, puidemos dar comezo ao noso proxecto, co envío dos seus catálogos ás aulas, as alegrías que nos dedicou co seu lapis nas litografías coas que nos agasallou, quedarán perpetuas connosco.Non podemos esquecer xamais, a súa visita a nosa aula, naquela mañá do mes de xuño.( D.E.P) 



 


 

martes, 19 de febrero de 2013

lunes, 18 de febrero de 2013

POR UNHA BOA CAUSA

Desde o centro estase a facer recolecta de tapóns de envases plásticos, por unha boa causa; axudar a nenos/as que teñen serios problemas de saúde.  Xa son moitos os que levamos xuntado, pero seguiremos, seguiremos...


viernes, 8 de febrero de 2013

ENTROIDO

Este ano non tivemos temática de centro para vir disfrazados/as, así que..., cada quen, veu do que máis lle gustou.

Merce, Sandra e Bea, desta vez, quiseron seguir piando, piando... Aí están de galiñas, cun profe que se lles colou na foto.

 No festexo houbo, desfiles por aulas, regueifas e o "baile do gangnam style" que nos ensaiou a profe Elena de 2ºA. Aquí a profe Sandra e Bea, bailando.

 
E agora..., mentres viamos os nenos/as de E.P, facendo a escenificación das regueifas.
 

 
Poderedes ver os vídeos ao completo, do día de hoxe, en breve, na nosa web do cole.

BO ENTROIDO

PIAMOS NO ENTROIDO

Fixemos unhas carautas, por suposto, relacionadas coa nosa temática do proxecto, "de galiñas". Mirade, mirade...

lunes, 4 de febrero de 2013