....................................................................

....................................................................
..................................................................................

domingo, 31 de marzo de 2013

NACERON OS PITIÑOS

Nacéronnos tres pitiños, presenciamos o nacemento de dous, en vivo e en directo, o último naceu de noite, toda unha sorpresa cando chegamos á mañá e o encontramos. Agora toca coidalos, ver como medran e observar con detenemento os cambios que se producen neles. Nas vacacións encárgasenos Merchy ( mamá de Andrea e Noelia) do seu coidado. O martes cando voltemos ao cole, verémolos cambiados???, medrarían???. Xa vos contaremos...
Aquí deixamos dous vídeos, para que vexades aos nosos pitiños. E tamén, unha foto nosa, con eles.



AYYYY!!!, no vídeo escoítase todo, como podedes apreciar, de quen será esa voz???, dunha das profes, seguro...




Todo listo e preparado. Precisamos axuda do noso amigo Carreira,  prestounos o caixón de madeira e colocou a bombilla vermella, para darlles calor.



Canta emoción por velos!!!, tivemos que ir por turnos, os 24 xuntos, imposible.

martes, 19 de marzo de 2013

EMOCIÓN, EMOCIÓN...

Hoxe á tardiña, reunidas as profes na aula da profe Sandra, sentimos piar. Sí, Siiiiii, mañá toca  que os nosos oviños escachen, crick! crack!, para saír os nosos pitiños.Pois, xa están listiños... Aquí vos deixamos un vídeo para que os escoitedes, poñede o volumen ben alto, para oílos.

GALOS PICASSIANOS

Desta vez, tocounos piar coa arte, nada mellor para felicitar e agasallar aos nosos papis. Escollemos unha obra de Picasso, e a partir dela, fixemos os nosos propios galos picassianos. Toda unha obra de arte este traballo, tanto as felicitacións como os sobres que decoramos. Mirade, mirade...

Esta é a obra orixinal de Picasso.




O noso proceso de composición.






As nosas obras.






A reseña da obra orixinal.


Os nosos sobres decorados.




lunes, 18 de marzo de 2013

CUMPRES DE MARZO

O venres celebramos os cumpres do mes de marzo, a nosa cumpreañeira foi Lara. Degustamos unha deliciosa tarta de chocolate, mmmmm!!! rica, rica...


lunes, 11 de marzo de 2013

RUTINA CANDO NACEN OS PITIÑOS?

Desde que metemos os ovos na incubadora, unha das rutinas que facemos coa profe Merce, á primeira hora da mañá,  é contar os días que faltan para que nazan os nosos pitiños. Ademais imos vendo a través das imaxes que teñen os oviños, as fases ata o momento da eclosión.



viernes, 8 de marzo de 2013

CONTACONTOS

Para conmemorar o día da muller traballadora, o concello organizou unha sesión de contacontos para o alumnado de infantil. Para elo, pintaron as nosas cariñas e deste xeito, puidemos representar as diferentes personaxes que aparecían.Os contos foron: o país dos mandós e o segredo de Flora. Ao rematar, agasalláronnos cunha chocolatina e unha bolsiña de gusanitos.