....................................................................

....................................................................
..................................................................................

martes, 23 de abril de 2013

PEPE, SECUNDINO E PATUCÓN

Os nosos pitiños, medraron moitísimo. A Pepe podemos verlle moi ben as orelleiras, ata xa podemos apreciar, como a crista e as barbiñas empezan a saír.

DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Na nosa aula piamos, ata no día do libro. O título do texto de Paula Carballeira " Só un libro", adáptase moi ben con este libro que empregamos para o noso proxecto. O libro " A galiña", podemos dicir que apesares de estar caladiño e quietiño, encheunos de moitísima información e revoloteou en nós moita curiosidade, unha xoia moi valiosa para o  traballo que estamos a desenvolver.




SÓ UN LIBRO

Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un libro.
Un libro.
Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro.
Por que?
Que fixen eu?
Míroo e remíroo.
Sacúdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademais de letras e debuxos.
Nada.
É só un libro.
Paréceme inútil, aí quieto, sen moverse.
Éntranme ganas de rompelo, de escachalo, de queimalo, de estragalo...
A ver se así reacciona.
Non.
Que vai reaccionar!
Espera.
O libro espera.
Non se decata de que son máis forte ca el.
Non se decata de que podería esnaquizalo se me deixase levar polo xenio.
Se cadra estase rindo de min.
Crerase moi importante por ser un libro.
Vouno abrir.
Teño curiosidade por saber que escribiron dentro del para que teña eses
aires de superioridade.
Vaia!
Non está nada mal.
Empézame a caer simpático.
Tan caladiño, gardando a súa historia coma quen garda un segredo.
Ás veces penso que a miña irmá pode lerme o pensamento.
Era xusto o que eu quería.
Un libro.
Este libro.

                                                                                   Paula Carballeira


Como agasallo levamos un marcapáxinas.




domingo, 21 de abril de 2013

CUMPRES ABRIL

O venres celebramos os cumpres do mes de abril. Os nosos cumpreañeiros foron Carmen, Adrián e Sabela Vilar. Degustamos unha riquísima tarta de nata e fresas. MMMM!!!! deliciosa...



martes, 2 de abril de 2013

XA ESTÁN DE VOLTA OS NOSOS PITIÑOS

Os nosos pitiños ( Pepe, Secundino e Patucón), xa están de volta no cole, igual ca nós. Nas vacacións foi Merchy ( mamá de Andrea e Noelia) quen se encargou de coidalos. Canto medraron!!!.Agora podemos apreciar moi ben, que cada un deles, pertence a unha raza diferente. Na aula da profe Sandra, asistimos para visitalos e observalos con detenemento. Aquí deixamos unhas fotos.



Pepe, Secundino e Patucón.


A profe Sandra mostrándonos a Patucón, este pitiño ten plumas nas patas.





Brais e a profe Sandra, medindo o pitiño.


 Buffff!!!, o pitiño fixo das súas..., manchou o mandilón e o pantalón de Sandra. Os cativ@s partíronse de risa, jajajajajajajajajajajajajajajajaja, e eu tamén (vouno poñer en pequeniño), jajajajajajajajajajajaja...