....................................................................

....................................................................
..................................................................................

lunes, 27 de mayo de 2013

SEMANA CIENTÍFICA

A ANPA organizou para a semana da ciencia, unhas xornadas para todo o alumnado do CPI. Os  pequerrechos participamos no obradoiro  "coñece os teus sentidos".



miércoles, 15 de mayo de 2013

CANTARES GALEGOS

Nestes días estamos a facer unha actividade que organiza a biblioteca do centro, para conmemorar o 150 aniversario da publicación dos cantares galegos de Rosalía de Castro. Consiste en facer cartoneiras e decoralas con fragmentos dos cantares galegos. Deixamos unha mostra do noso traballo.




LETRAS GALEGAS 2013

Este ano o día das letras galegas adícase a Roberto Vidal Bolaño. Na nosa aula fixemos a súa caricatura a partir dun sombreiro.

   Caricatura elexida
Os nosos traballos


 

lunes, 13 de mayo de 2013

CUMPRES MAIO

O venres pasado celebramos o cumpre de Ainoa e Naiara, convidáronnos a unha rica tarta de biscoito con nata, chocolate e gominolas.


MOITOS PARABÉNS CUMPREAÑEIRAS

OS NOSOS POLIÑOS

Pepe, Secundino e Patucón medraron moitísimo, agora é tempo de que poidan estar nun lugar máis axeitado e cómodo. A nosa caixa faise pequena para eles, e ademais, precisan andar soltos pola eira.Tivemos que dicirlles adeus, pero estamos segur@s que Merchy vainos ter informad@s deles. Unhas fotos da nosa despedida.
Foron moitas as caricias que recibiron.
Algún asustouse un pouquiño, nin velo diante quería.
 Adrián atreveuse a coller a Secundino, sen medo ningún.

lunes, 6 de mayo de 2013

PIAMOS NO DÍA DA NAI

Como agasallo as nosas mamás no día da nai, fixemos unhas galiñas, baseadas na obra de Iga Terlecka.
OBRA ORIXINAL

MANS Á OBRA


AS NOSAS GALIÑAS DE CORES