....................................................................

....................................................................
..................................................................................

sábado, 20 de diciembre de 2014

FELICES FESTAS

Os pequerrechos e as súas profes deséxanvos, que sexa este Nadal un motivo de felicidade e o Ano Novo, unha esperanza de éxito e prosperidade.
Amor, paz e moita ledicia, son os nosos mellores desexos para estas Festas e o 2015.

VISITA DO PAPÁ NOEL

Un ano máis, Papá Noel veu de visita ao noso centro, veu cargadiño de contos dos tan coñecidos, Bolechas.

VISITA DO APALPADOR

Onte tivemos unha grata sorpresa nas nosas aulas, o mesmiño Apalpador veu traernos castañas, nada máis e nada menos, que castañas pilongas!!!.

lunes, 15 de diciembre de 2014

O APALPADOR

Hoxe coñecemos a esta figura mítica " O Apalpador",un home de barba loura, que vive nas montañas do Courel e Pobra de Trives, de profesión carboeiro. Na noite do 24 ao 31 de decembro baixa ata as aldeas, métese polas chemineas das casas e achégase aos nen@s mentres durmen, apálpalles as barriguiñas para ver se están ben mantidos. Dalles un bico na meixela e deíxalles unha presa de castañas para que non pasen fame.

ECOCONTO DE NADAL

Ecoconto de Nadal, proporcionado por SOGAMA.
Unha carta moi especial from Ronsel de Ideas on Vimeo.

AS NOSAS POSTÁIS DE NADAL

Istas son as postáis que realizamos coa profe Susana para felicitar as festas.

CARTAS A PAPÁ NOEL

Istas son as as peticións que os cativ@s fan a Papá Noel nas súas cartas. Na asemblea tratamos de reflexionar e empatizar con aquelas persoas que pasan verdadeiras necesidades. A nosa petición conxunta é pedir felicidade, dalgunha maneira vai implícito todo o mellor para as nosas vidas e a dos demais.





OS NOSOS TRABALLOS

Nesta ocasión escollemos a temática do Nadal e do inverno, para a encadernación dos traballos impresos.


sábado, 13 de diciembre de 2014

CUMPRES DECEMBRO

O venres celebramos os cumpres do mes de decembro. O noso cumpreañeiro foi Anxo.
MOITOS  PARABÉNS

viernes, 5 de diciembre de 2014

VESTÍMONOS DE NADAL

Estase achegando o Nadal. Proba delo é que hoxe, os pequerrechos deixaron  a nosa aula vestida para a ocasión.



REUNIÓN COAS FAMILIAS


  O vindeiro martes teremos reunión para tratar, como foi o desenvolvemento deste primeiro trimeste.

miércoles, 26 de noviembre de 2014

O NOSO SOUTO

Emocionante, emocionante!!!!, ver hoxe o chan do noso souto,con esa alfombra de follas marróns. Ricas sensacións con este outono que dentro de moi pouquiño nos dirá adeus, para darlle  entrada ao inverno.

LIBERAMOS O NOSO POEMA

O equipo de ENDL organizou unha actividade fantástica, titulada " Libera un poema". Consiste en ler ou recitar poemas, de forma grupal ou individual. Hoxe á volta do recreo, diante de todo o alumnado e profesorado de EI e EP, liberamos o poema da araña que aprendemos coa profe Susana. Grazas docentes e alumnado polo voso bo facer.
Colgarase na web do centro un vídeo con todos os poemas liberados. Desde o noso blog deixaremos un enlace para poder visionalo.






domingo, 23 de noviembre de 2014

CUMPRES DE NOVEMBRO

MOITOS PARABÉNS CUMPREAÑEIROS
A SOPRAR...

 RIQUÍSIMAAAAAA APERTA....

MATERIAIS DO NOSO RECUNCHO

O noso recuncho do proxecto está ao repleto con gran variedade de materiais.

GRAZAS POLAS APORTACIÓNS.


CONTAMOS CON:

 LIBROS DE DIVULGACIÓN





CONTOS




REVISTAS


CUNCHAS


PUZZLES


PINTURAS


INFORMACIÓN BAIXADA DA REDE

E TAMÉN PELUCHES 



viernes, 14 de noviembre de 2014

MAGOSTO 2014

Para a celebración da nosa festa da castaña, foron varias as actividades que realizamos, desde recitado de poesías, elaboración de cestas empregando a reciclaxe, elaboración de gorras temáticas, degustación de castañas e xogos populares ( comecastañas, castaña-castiñeiro-castañazo...).

O equipo de educación infantil acordou traballar a poesía :

UN GATIÑO

UN GATIÑO AS CASTAÑAS
REMEXÍA COA MAN



ESTOUPOULLE UNHA NA CARA



COITADIÑO MARRAMIAU.



PICA QUE SÍ, PICA QUE NON



PICA E REPICA, PICA PICÓN.


Todo o alumnado de infantil confecciona a súa cestiña para as castañas, desta vez decorámola a modo de gatiño, para dalgún xeito relacionala coa poesía.


Na parte traseira pegamos o texto da poesía.


Tamén tivemos que poñer en práctica, as nosas habilidades de motricidade fina, enroscando fíos de lá para facer o cordón.



Iste é o resultado final.
  FANTÁSTICO!!!

Recitamos a poesía o alumnado de 6º de E.I

video


Momento de comer as castañas e os boliños preñados, mmmmmm!!!! delicioso estaba todo!!!!



Toca xogar, imos ao pavillón...



A profe Susana móstranos as súas dotes xogando ao peón...



Coas nosas gorras castañeiras...


Grazas a profe Susa, as outras profes lucimos un colgante precioso, mirade, mirade...



Isto é un pequeno resumo do vivido na nosa celebración do magosto. O gran desexo de tod@s foi gozar do momento e penso que así foi.
Grazas alumnado e profesorado polo bo facer.