....................................................................

....................................................................
..................................................................................

viernes, 14 de noviembre de 2014

MAGOSTO 2014

Para a celebración da nosa festa da castaña, foron varias as actividades que realizamos, desde recitado de poesías, elaboración de cestas empregando a reciclaxe, elaboración de gorras temáticas, degustación de castañas e xogos populares ( comecastañas, castaña-castiñeiro-castañazo...).

O equipo de educación infantil acordou traballar a poesía :

UN GATIÑO

UN GATIÑO AS CASTAÑAS
REMEXÍA COA MAN



ESTOUPOULLE UNHA NA CARA



COITADIÑO MARRAMIAU.



PICA QUE SÍ, PICA QUE NON



PICA E REPICA, PICA PICÓN.


Todo o alumnado de infantil confecciona a súa cestiña para as castañas, desta vez decorámola a modo de gatiño, para dalgún xeito relacionala coa poesía.


Na parte traseira pegamos o texto da poesía.


Tamén tivemos que poñer en práctica, as nosas habilidades de motricidade fina, enroscando fíos de lá para facer o cordón.



Iste é o resultado final.
  FANTÁSTICO!!!

Recitamos a poesía o alumnado de 6º de E.I



Momento de comer as castañas e os boliños preñados, mmmmmm!!!! delicioso estaba todo!!!!



Toca xogar, imos ao pavillón...



A profe Susana móstranos as súas dotes xogando ao peón...



Coas nosas gorras castañeiras...


Grazas a profe Susa, as outras profes lucimos un colgante precioso, mirade, mirade...



Isto é un pequeno resumo do vivido na nosa celebración do magosto. O gran desexo de tod@s foi gozar do momento e penso que así foi.
Grazas alumnado e profesorado polo bo facer.