....................................................................

....................................................................
..................................................................................

viernes, 24 de octubre de 2014

SAMAÍN 2014

Achégase o Samaín, proba delo e a decoración da nosa aula. Mostramos o traballo que realizamos coa profe Susana.


Bonitas, bonitas, quedaron as nosas cabaciñas.

E tamén os nosos morcegos...

CUMPRES DE OUTUBRO

Hoxe celebramos os cumpres do mes de outubro. Os nosos cumpreañeiros foron Samuel, Pablo José e Hugo.

MOITOS PARABÉNS


EMPEZA A NOSA INVESTIGACIÓN

A través de visionado de vídeos.

Visionado e lectura de libros, de forma individualizada.




domingo, 19 de octubre de 2014

O NOSO RECUNCHO MARIÑO

Cos materiais aportados por algunhas familias e cos da biblioteca, fixemos o noso recuncho do proxecto.


MERGULLÁMONOS POLOS MARES

  Xa estamos preparados para mergullarnos polo mar e dar inicio a nosa investigación sobre estes animaliños mariños...

Os cabaliños de mar.

miércoles, 15 de octubre de 2014

DEBUXOS DE INICIO


O NOSO MURAL

Este é o resultado final do noso mural. Foron varios pasos os que levamos a cabo, para realizalo. Mostrámolos a continuación.


Primeiro tivemos que pintar o fondo de cor azul, para elo empregamos esponxas e témperas.


Outro paso foi, pintar un cabaliño de mar grandote, empregamos ceras acuarelables.


Ademais tivemos que pintar algas e corais con ceras.


E por último, crear peixes e cabaliños de mar. Para elaboralos empregamos pratos de cartón e témperas.

lunes, 13 de octubre de 2014

sábado, 4 de octubre de 2014

QUE QUEREMOS SABER SOBRE OS CABALIÑOS DE MAR?

Unha vez recollida a información do que o alumnado sabe, preguntámoslles que é o que queren saber. Na asemblea díxelles que pensen que é o que lles gustaría saber sobre os cabaliños de mar.Para eles/elas é fundamental saber: onde viven?, que comen? e como son?.

A través deste mapa conceptual xirará a nosa investigación.

QUE SABEMOS SOBRE OS CABALIÑOS DE MAR?

A través dunha asemblea, recollemos as ideas do alumnado, a partires da pregunta: que sabedes dos cabaliños de mar?

Istes son os coñecementos previos que ten o alumnado:

  • Viven no mar
  • comen algas
  • cómenos os peixes
  • poden ser amarelos ou naranxas
  • o de colorines
  • nadan
  • son azules
  • así no los ve nadie, el agua es azul
  •  unos son verdes
  •  os caballitos de mar dormen na herba
  •  eu penso que dormen na area
  • creo que durmen na auga, porque viven na auga
  • andan por fóra da auga
  •  non, non, non
  •  si, si, si
  • non , non teñen patas
  • eu creo que dormen na area do mar, dentro do mar
  • poden ser medianos
  • poden ser grandes
  • teñen unha cola
  • teñen unha barriga que pode ser grande
  • a cola téñena enrolladiña
  • a espalda téñena un pouco metida para dentro
  • poden ter fillos
  • as cabaliñas, non os cabaliños
  • sí, porque son mamás
  • porque os papás teñen a barriga fraca, e os papás non poden ter barriga gorda, porque son chicos
  • o papá de ... é gordo porque come moito
  • eso non é de cabaliños
  • poden ser planos de tomar auga
  • non teñen nariz
  • ten, ten, ten
  • teñen nariz e boca, porque, se non, non poden comer nin ulir
  • tamén comen peixes
  • os tiburóns comen os cabaliños
  • ten cresta na cabeza
  • e na espalda
  • teñen cousas para diante, na barriga, coma pinchos e fan como un tobogán.