....................................................................

....................................................................
..................................................................................

miércoles, 26 de noviembre de 2014

O NOSO SOUTO

Emocionante, emocionante!!!!, ver hoxe o chan do noso souto,con esa alfombra de follas marróns. Ricas sensacións con este outono que dentro de moi pouquiño nos dirá adeus, para darlle  entrada ao inverno.

LIBERAMOS O NOSO POEMA

O equipo de ENDL organizou unha actividade fantástica, titulada " Libera un poema". Consiste en ler ou recitar poemas, de forma grupal ou individual. Hoxe á volta do recreo, diante de todo o alumnado e profesorado de EI e EP, liberamos o poema da araña que aprendemos coa profe Susana. Grazas docentes e alumnado polo voso bo facer.
Colgarase na web do centro un vídeo con todos os poemas liberados. Desde o noso blog deixaremos un enlace para poder visionalo.






domingo, 23 de noviembre de 2014

CUMPRES DE NOVEMBRO

MOITOS PARABÉNS CUMPREAÑEIROS
A SOPRAR...

 RIQUÍSIMAAAAAA APERTA....

MATERIAIS DO NOSO RECUNCHO

O noso recuncho do proxecto está ao repleto con gran variedade de materiais.

GRAZAS POLAS APORTACIÓNS.


CONTAMOS CON:

 LIBROS DE DIVULGACIÓN





CONTOS




REVISTAS


CUNCHAS


PUZZLES


PINTURAS


INFORMACIÓN BAIXADA DA REDE

E TAMÉN PELUCHES 



viernes, 14 de noviembre de 2014

MAGOSTO 2014

Para a celebración da nosa festa da castaña, foron varias as actividades que realizamos, desde recitado de poesías, elaboración de cestas empregando a reciclaxe, elaboración de gorras temáticas, degustación de castañas e xogos populares ( comecastañas, castaña-castiñeiro-castañazo...).

O equipo de educación infantil acordou traballar a poesía :

UN GATIÑO

UN GATIÑO AS CASTAÑAS
REMEXÍA COA MAN



ESTOUPOULLE UNHA NA CARA



COITADIÑO MARRAMIAU.



PICA QUE SÍ, PICA QUE NON



PICA E REPICA, PICA PICÓN.


Todo o alumnado de infantil confecciona a súa cestiña para as castañas, desta vez decorámola a modo de gatiño, para dalgún xeito relacionala coa poesía.


Na parte traseira pegamos o texto da poesía.


Tamén tivemos que poñer en práctica, as nosas habilidades de motricidade fina, enroscando fíos de lá para facer o cordón.



Iste é o resultado final.
  FANTÁSTICO!!!

Recitamos a poesía o alumnado de 6º de E.I

video


Momento de comer as castañas e os boliños preñados, mmmmmm!!!! delicioso estaba todo!!!!



Toca xogar, imos ao pavillón...



A profe Susana móstranos as súas dotes xogando ao peón...



Coas nosas gorras castañeiras...


Grazas a profe Susa, as outras profes lucimos un colgante precioso, mirade, mirade...



Isto é un pequeno resumo do vivido na nosa celebración do magosto. O gran desexo de tod@s foi gozar do momento e penso que así foi.
Grazas alumnado e profesorado polo bo facer.

miércoles, 12 de noviembre de 2014

DEFINICIÓN DE PEIXE

 É fundamental para definir, fixar con claridade e exactitude o significado da palabra, enunciando as propiedades que designan neste caso, ao ser en cuestión.
 1º PASO:
Reunímonos na asemblea, partimos da pregunta: " que é un peixe?", sairon datos e respostas importantes para logo simplificar e concretar:
  • Cando non son estrelas de mar, corais ou medusas.
  • Nadan vertical ou horizontal.
  • teñen aletas
  • cando fan así coa boca


  • Non teñen patas, nin mans.
  • Nin púas.
  • Siiii, siiii que teñen.
  • Teñen escamas
  • Teñen espiñas.
  • Viven no mar.
  • En augas moi profundas.
  • Na pecera.
  • Nos acuarios.
  • No río.
  • Comen algas
  • E peixes que non son da súa familia.
2º PASO:

Miramos en internet.





3º PASO:
Escollemos  palabras que dalgunha maneira, determinan con precisión e comprensión, as cualidades esenciais para facer a definición de peixe.


CHUVIA DE CORES

Cada pinguiña unha cor, un sabor, unha emoción...
Así quedou de bonito o noso corredor. Moitísimas grazas a todo o alumnado de educación infantil e  ás profes que tanto se implicaron na decoración.

sábado, 8 de noviembre de 2014

RICAS, RICAS GALLETAS HIPOCAMPO.

Como todos os venres a nosa merenda é súper, súper doce. Nesta ocasión Andrea trouxo unhas galletas moi apropiadas para o noso proxecto. O alumnado solicita que o poña no blog, faltaría máis non facer caso a súa petición. Entre todos trataron de poñerlle nome as galletas, así foi " galletas mariñas" e " galletas hipocampo".