....................................................................

....................................................................
..................................................................................

martes, 10 de marzo de 2015

MARMELADA DE GRATITUDE


É fundamental tomar conciencia de que, nas nosas vidas, acontecen e temos cousas estupendas que é importante mantelas na memoria emocional e agradecelas cada día, para que poidamos nutrirnos e adozarnos delas.
Nesta ocasión a modo metafórico, fixemos "MARMELADA DE GRATITUDE", temos moitos ingredientes emocionais que son reservas de gratos momentos, que nos aportan enerxía complementaria no noso día a día.
Para realizar esta actividade escribimos palabras de agradecemento e introducímolas nun bote de cristal. Etiquetamos e aquí tendes a nosa marmelada...