....................................................................

....................................................................
..................................................................................

miércoles, 18 de marzo de 2015

VISITA AO LABORATORIO DE CIENCIAS NATURAIS

Como colofón do noso proxecto dos cabaliños de mar, visitamos o laboratorio de ciencias naturais do noso centro.O profe Suso, biólogo do noso CPI, ensinounos moitas cousas descoñedidas e nunca vistas por nós. Empezamos vendo uns vídeos sobre os corais, nacemento dos cabaliños de mar, da raia e do tiburón "pintarroja". Despois xa pasamos a ver todo o  material co que conta o laboratorio. En todo momento o profe Suso, dá explicacións  de todo o que preguntabamos e sempre coas diferentes pezas e materiais sobre man, para poder velo. 
É unha sorte poder contar con un docente tan vocacional e profesional, que montou un  laboratorio de luxo,  con materiais que él mesmo foi recollendo e buscando por praias, montes e demais lugares. Neste espazo súper agradable, coídase con detalle a estética e fai que nos sintamos moi ben acollidos, para que a aprendizaxe sexa verdadeiramente significativa e constructiva. Grazas Suso por facer o laboratorio, un lugar tan especial no noso centro educativo e por todo o que nos ensinaches e como non, todo un detalle os agasallos que nos levamos para a casa, os ovos de raia e de pintarroja.