....................................................................

....................................................................
..................................................................................

viernes, 30 de enero de 2015

TECENDO LATEXOS





DÍA DA PAZ

Para celebrar o "DÍA DA PAZ", foron varias as actividades organizadas a través dos diferentes equipos ( complementarias-extraescolares, ENDL e ciclos). Ao longo desta semana coñecemos aos Premios Nóbel da Paz 2014, a Malala Yousafzai e a Kallas Satyarthi.
Sen esquecernos de Ghandi no aniversario da súa morte.


E hoxe día 30, festexámolo ao grande:
- cantando e bailando “Quérote Máis” de Sonoro Maxín
- degustamos tortilla de patacas con xamón (grazas aos nos@s cociñeir@s polo esforzo realizado)
- para rematar, liberamos  o poema " Amiguiños todos".

Colgaranse na web do centro, os vídeos do baile e dos poemas liberados.



jueves, 29 de enero de 2015

LATEXOS CON PIRULETA

Grandes piruletas para grandes corazóns.




martes, 27 de enero de 2015

PUZZLEMOCIONANTES

Os quebracabezas son unha ferramenta que proporciona nos nen@s, o desenvolvemento de moitas habilidades mentais: ( cognitiva, resolución de problemas,desenvolvemento motricidade fina, coordinación óculo-manual, promove o xogo cooperativo, potencia a autoestima no logro e no impulso de confianza en sí mesmos...).
 Hoxe xogamos a unir corazóns quebrados, para atopar palabras relacionadas coas emocións.Despois fixemos unha lista de todas as palabras atopadas.





martes, 20 de enero de 2015

CARTEL DO ENTROIDO

Ano tras ano, participantes no concurso de carteis que organiza o noso concello.
Nesta ocasión empregamos a técnica do modelado de plastilina.

viernes, 16 de enero de 2015

DEBUXOS CON CORAZÓN

Os nosos debuxos con CORAZÓN.






jueves, 15 de enero de 2015

BICOS EMOCIONANTES

Nos bicos existe unha gran riqueza emocional. Na nosa aula foron varias as actividades propostas: bicos con boca postiza,bicos de cores, bicos de estalo, bicos con risas, bicos con abrazos, bicos fortes ou suaves...
Como disfrutamos moitísimo, convidamos aos nosos compañeiros do grupo B.

Adri trouxo da casa, unha boca de plástico, xogamos a dar bicos con ela. Rimosssss un montón!!!

E AGORA OS BICOS COS NOSOS COMPIS DE B


OBRADOIRO DE SORRISOS

As risas é un privilexio dos seres humanos, produce en nós un enorme benestar.



UNHA MANCHEA DE BICOS

 RICOS, RICOS, RICOS BICOS, de moitas sabores...





miércoles, 14 de enero de 2015

QUÉROTE MÁIS QUE A TORTILLA DE PATACAS CON XAMÓN

Ista é a nosa canción estrela, interpretarémola o día 30, irá acompañada de mmmmmm!!!!, todo un segredo

martes, 13 de enero de 2015

SILUETA DO CORAZÓN

Hoxe os nenos e nenas de 6º de Infantil A e B, fixemos a silueta do corazón cos nosos corpos, no chan.



lunes, 12 de enero de 2015

APERTAS VERDADEIRAS

As apertas teñen que ter unha duración mínima de 6 segundos, para que haxa un impacto químico no cerebro e se produza unha conexión emocional.
 Aquí as tendes...



sábado, 10 de enero de 2015

MURAL OS NOSOS LATEXOS

Debuxamos a figura humana empregando a forma de corazón na cara, ollos, nariz,orellas, boca, mans e pes.







jueves, 8 de enero de 2015

O NOSO AMOR ESTOUPA

Nada mellor que vir do Nadal cargadiños de emocións e sentimentos. Alá imos... a sentir os nosos latexos. Neste mes imos latexar moito, moito...





Estou segura que o noso amor estoupa por dentro da roupa...

SORPRESA, SORPRESA...

Hoxe ao chegar a nosa aula, atopámonos cunha sorpresa. En cada cadeira, había unha botiña cunha carta e un pequeno agasallo. O mesmiño Papá Noel foi quen nos deixou todo isto. Invítanos a que aprendamos a atar os cordóns das botas ,dun xeito moi sinxelo.



se tiras das puntas,
volveranse desatar.
se tiras das puntas,

volveranse desatar.