....................................................................

....................................................................
..................................................................................

lunes, 23 de febrero de 2015

A GRATITUDE


Seguimos co percorrido emocional dentro das nosas aulas. A continuación do amor, propuxémonos coñecer e sentir a gratitude.

Dise que é a memoria do corazón, nada mellor que despois de sentir os latexos,transformar o que temos en suficiente e máis.

A gratitude é a alma da palabra "grazas", e multiplícase cada vez que somos capaces de ver, no cotián, un agasallo: no sorriso dun amig@, nunha canción, nunha comida...

A gratitude ensínanos a gozar máis da vida.
Con ela:
- recoñecemos e valoramos todo o recibido
-apreciamos as cousas máis aló da utilidade e eficacia
-temos capacidade de estar ao servizo dos outros desinteresadamente
-admiramos, contemplamos, descubrimos, recoñecemos, festexamos, valoramos e agradecemos o bo que nos rodea.

POIS ALÁ IMOS, A SENTILA E A VIVILA O ALUMNADO DE 5 ANOS...

As actividades realizadas hoxe, foron:
- asemblea (coñecemento que teñen os nen@s sobre a gratitude, baixo a pregunta: que é a gratitude?)
-Conto " A avoiña"
-Formas de demostrala ( con palabras, xestos...)
- Lectura de imaxes

SEGUIREMOS...


A palabra máxica da gratitude " grazas".
A gratitude é a memoria do corazón.
Grazas polos alimentos.
Coa gratitude disfrutamos. Lectura desta imaxe.






viernes, 20 de febrero de 2015

CUMPRES MES DE FEBREIRO

Hoxe o alumnado de 6º de Infantil, celebramos os cumpres do mes de febreiro. Os nosos cumpreañeiros foron " Alejandro, Andrea e Juan Pablo".
MOITOS PARABÉNS

sábado, 14 de febrero de 2015

LATEXO VAI, LATEXO VEN...

Ao amor gústalle moito que o coiden, que o mimen, que o enchan de sementes e o reguen a diario.

 " Feliz día dos latexos"

CHEGOU O DÍA DO FESTEXO

Guapísim@sssss que estaban.

Agora coas profes.
BO ENTROIDO

lunes, 9 de febrero de 2015

CHEGA O ENTROIDO






DOCES LATEXOS

O venres tivemos a sorte de degustar latexos de chocolate, oito tartiñas nos regalou a nai de Xoel. Moitísimas grazas Patricia, fantástica idea a que tiveches, para adozar as boquiñas dos nosos latexiños.

miércoles, 4 de febrero de 2015

ATANDO OS CORDÓNS

Un paso máis na súa independencia e autonomía. Con paciencia e práctica, podemos ver como van aprendendo a atarse os cordóns, soiñ@s. Grazas familias por axudarnos nesta tarefa. 
 Hoxe Samuel demostroúnolo,MOITOS PARABÉNS !!!