....................................................................

....................................................................
..................................................................................

viernes, 27 de marzo de 2015

CHEGOU O COELLIÑO DA PASCUA

Hoxe a profe Susa contounos o conto do "coelliño da pascua". Á volta do recreo, gran sorpresa!!!! nas nosas aulas, o coelliño da pascua, deixounos agochados oviños de chocolate.
Ricos, ricos e doces, doces que estaban...mmmmmm!!!!


FELICES VACACIÓNS, VÉMONOS O DÍA 7

CUMPRES DE MARZO

Hoxe celebramos os cumpres de marzo. A nosa cumpreañeira foi Lara.

MOITÍSIMOSSSS PARABÉNS

jueves, 26 de marzo de 2015

SUMAMOS CON TAPÓNS


Grazas profe Susana pola túa implicación e facer unhas matemáticas sinxelas e divertidas.

PORTADA LETREANDO 2º TRIMESTRE


lunes, 23 de marzo de 2015

CENTENAS, DECENAS E UNIDADES



DECENAS E UNIDADES


jueves, 19 de marzo de 2015

ECLIPSE SOLAR

Hoxe nas aulas simbolizamos o eclipse solar que se producirá mañá. Para poder entendelo, visionamos vídeos e nada mellor que..., representalo nós mesm@s.
Deixamos un enlace do blog da biblioteca do centro, onde o profe Andrés informa moi ben, sobre este fenómeno astronómico.


http://bibliotecaluisseoane.blogspot.com.es/2015/03/o-eclipse-do-20-de-marzo.html

miércoles, 18 de marzo de 2015

VISITA AO LABORATORIO DE CIENCIAS NATURAIS

Como colofón do noso proxecto dos cabaliños de mar, visitamos o laboratorio de ciencias naturais do noso centro.O profe Suso, biólogo do noso CPI, ensinounos moitas cousas descoñedidas e nunca vistas por nós. Empezamos vendo uns vídeos sobre os corais, nacemento dos cabaliños de mar, da raia e do tiburón "pintarroja". Despois xa pasamos a ver todo o  material co que conta o laboratorio. En todo momento o profe Suso, dá explicacións  de todo o que preguntabamos e sempre coas diferentes pezas e materiais sobre man, para poder velo. 
É unha sorte poder contar con un docente tan vocacional e profesional, que montou un  laboratorio de luxo,  con materiais que él mesmo foi recollendo e buscando por praias, montes e demais lugares. Neste espazo súper agradable, coídase con detalle a estética e fai que nos sintamos moi ben acollidos, para que a aprendizaxe sexa verdadeiramente significativa e constructiva. Grazas Suso por facer o laboratorio, un lugar tan especial no noso centro educativo e por todo o que nos ensinaches e como non, todo un detalle os agasallos que nos levamos para a casa, os ovos de raia e de pintarroja.


































lunes, 16 de marzo de 2015

DECENA E UNIDADES

Traballamos a decena facendo atadiños de escarvadentes.

domingo, 15 de marzo de 2015

MATEMATICANDO CO DOMINÓ

O dominó é un recurso fantástico para a composición dos números. Podemos compoñer un número, a partir de varias fichas e adicións.
Aquí podemos ver ao noso alumnado, xogando a compoñer números, coas fichas deste tradicional xogo.

martes, 10 de marzo de 2015

MARMELADA DE GRATITUDE


É fundamental tomar conciencia de que, nas nosas vidas, acontecen e temos cousas estupendas que é importante mantelas na memoria emocional e agradecelas cada día, para que poidamos nutrirnos e adozarnos delas.
Nesta ocasión a modo metafórico, fixemos "MARMELADA DE GRATITUDE", temos moitos ingredientes emocionais que son reservas de gratos momentos, que nos aportan enerxía complementaria no noso día a día.
Para realizar esta actividade escribimos palabras de agradecemento e introducímolas nun bote de cristal. Etiquetamos e aquí tendes a nosa marmelada...



lunes, 2 de marzo de 2015

REGLETAS CUISENAIRE

As regletas cuisenaire son un material matemático que nos axuda a que os nen@s se familiaricen coa composición e descomposición dos números, e a súa vez se inicien en actividades de cálculo, a través da súa manipulación.
Aquí podemos ver a Xoel, manipulando as regletas para compoñer o 5 de diferentes maneiras.


domingo, 1 de marzo de 2015

FABRICANDO NÚMEROS

Permitir que o nen@ manipule, observe, descubra e chegue a constuir o seu propio pensamento, é fundamental. É o alumnado quen debe realizar a experiencia e quen chegue ao descubrimento dos conceptos polos seus propios medios.
 Aquí podemos ver como eles soiñ@s poden descompoñer un número en dous sumandos, coa axuda de cubiños.

COIDAMOS AS MANEIRAS


Con palabras como " por favor, grazas, síntoo, desculpa...",podemos facer que sexa diferente a relación cos demais. O alumnado de 6º de Infantil está traballando na aula "as boas maneiras". Deixamos este vídeo onde os cativ@s len o conto titulado " Coida as maneiras"
video
.