....................................................................

....................................................................
..................................................................................

domingo, 28 de febrero de 2016

OS NOSOS SEMENTEIROS

Fixemos o noso sementeiro de aula; para elo empregamos vasiños do iogur, terra e sementes de hortalizas, que nos aportaron as familias. Puidemos ver de onde saen as sementes, nesta ocasión empregamos  pementos, partímolos ao medio, sacamos as sementes, deixámolas secar e despois á terra...
Pasados uns días, xa vemos pequenas plantiñas...











miércoles, 17 de febrero de 2016

MEDRAPELOS

Os nosos medrapelos, feitos coas sementes de herba que nos trouxo a mamá de David. Unha actividade moi atractiva na que podemos ver como medra a herba, facer medicións, facerlle diferentes cortes e peiteados. E, por suposto, adicarlles coidado, botando auga cando sexa preciso.















domingo, 7 de febrero de 2016

OS ESPANTALLIÑ@S

E chegou o gran día!!!!.
 O venres celebramos o festexo do entroido. Os nosos disfraces foron relacionados coa temática do noso proxecto de aula. Guap@s, guapísim@s que estabamos.
Moitísimas grazas ás familias polo traballo, esforzo e esmero, na confección dos disfraces. É un orgullo contar con nais/pais, que se involucren na vida, da nosa escola. MOITOS PARABÉNS!!!







No Entroido non poden faltar as orellas. mmmmmm!!!!, ricas, riquísimas.



E agora, desexamos que pasedes ...

UN FANTÁSTICO ENTROIDO

jueves, 4 de febrero de 2016

A NOSA CARAUTA

Neste trimestre estamos a traballar o conto de " Tito busca nariz".


Valores que se traballan no conto:
  • Respecto.
  • Confianza.
  • Imaxe de si mesmo.
  • Igualdade.
Outros aspectos que traballamos:
  • formas xeométricas.
  • cores.
  • profesións relacionadas co circo.
  • o entroido.
Este conto é moi apropiado para estas datas de Entroido porque lles resulta moi motivador e próximo. De aí, que fixéramos a carauta dun pallaso que lle faltaba o seu nariz, pero axiña lle puxemos un moi divertido.






CASUAL SHOES



ESPEJUELOS

Cos nosos " Fashion Espejuelos".
Lind@s, relind@s que estabamos.











E aquí, uns feitos por nós.